Santo Amaro, lanzadeira de versos

Se para o historiador Suso Martínez, o cemiterio coruñés de Santo Amaro é unha “lanzadeira de ánimas”, ten que ser á forza, tamén, unha lanzadeira de versos. Tal é o número e a importancia de poetas galegos que nel descansan. No fermoso Pregón da Feira do Libro da Coruña (1-8-2015), Mercedes Queixas referíase a Santo …

Bases do I Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda convoca o I Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle. Os orixinais estarán escritos en galego e a temática será libre. As obras presentadas terán un máximo de 20 folios, en tipo de letra Times New Roman, e cun tamaño de letra de 12; ou ben mecanografados a dobre …

Poesía es ti… (Non crebemos as liras)

Xa nos tempos de Curros Enríquez eran malos tempos para a lírica. Así aparece no poema “Crebar as liras” de Aires da miña terra (1880): “Espaventada, atóneta, A virxe Poesía Clamóu desalentada: «¡Vates, crebade as liras!»” Claro que o poeta de Celanova non lle fixo caso á petición e seguiu coas súas “liras”, por sorte. …

Un día das letras galegas para… (Moito onde escoller)

A Real Academia Galega (RAG) recolle nos seus Estatutos (Capítulo 2, Artigo 7) que “na primeira reunión despois do Día das Letras Galegas, o Plenario da RAG escollerá o persoeiro a quen se lle dedicará esa conmemoración no ano vindeiro. A figura elixida deberá ser autora dunha obra relevante en galego e persoa de calidade …

A avoa Maruxa

O Real Decreto do 23 de xullo de 1918, establecía que para acceder ao permiso de conducir había que dispoñer de: Certificado médico que demostrara as suficientes capacidades auditivas e visuais. Certificado de boa conduta. Ter entre 18 e os 77 anos. Os menores de idades e as mulleres tiñan que ter autorización paterna ou …

8m

NA CASA DA AVOA amoreábanse as redes cada día as mulleres sentaban no chan e tensaban o aparello prendendo un extremo entre as dedas dos pés   as nenas bulían ao redor sen decatarse de que nos xogos ían tecendo o seu futuro coma se Minerva as maldixese a elas que non ousaran rivalizar coa …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies