Maxina ou a filla espúrea, a primeira novela galega

O día 28 de xullo de 1880 comezou a publicarse, por entregas, a que é considerada a primeira novela galega contemporánea, Maxina ou a filla espúrea, de Marcial Valladares. Desde aquí lembramos brevemente este acontecemento nun ano, 1880, que no que tamén houbo outros fitos salientables. É o caso da publicación de Follas novas, de …

Día da Patria Galega

As orixes da celebración do DÍA DA PATRIA remóntanse a novembro de 1919, cando se celebrou en Compostela a II Asemblea Nazonalista das Irmandades da Fala, que acordan celebrar o Día Nacional de Galiza o 25 de xullo do ano seguinte. A data escollida non era do agrado de todos por coincidir cunha festa relixiosa. …

Xaquín Lorenzo, Xocas: estudoso da nosa memoria

O 19 de xullo de 2019 cumpriranse trinta anos da morte dunha das persoas máis preocupadas por estudar o noso pasado, a nosa memoria como pobo: Xaquín Lorenzo, Xocas. Desde aquí dedicámoslle unhas breves liñas á súa lembranza. Vida e obra. Xaquín Lorenzo naceu o 23 de xuño de 1907 en Ourense, na rúa da …

O Estatuto do 36

“Quen non ten liberdade para gobernar a súa casa é un escravo ou un incapaz” (Enrique Rajoy Leloup). Entre 1931 e 1945 desenvolveuse un intenso proceso en favor do recoñecemento nacional da Galiza, a partir da aprobación dun “Estatuto de Autonomía”. Tratábase de darlle corpo legal ao país, contando cun Parlamento propio; recoñecendo legalmente o …

Reveriano Soutullo: “Ponteareas”

Agora que é tempo de verán, que cada parroquia de Galiza celebra unha festa e unha romaría, chegou o momento de lembrar que o día 11 de xullo de 1884 nacía o autor dunha das pezas que soa por toda a nosa xeografía. Non hai banda de música que se prece, que non teña no …

Carvalho Calero, traballo e compromiso con Galiza

Poucas persoas na cultura galega de todos os tempos levaron unha vida tan densa e austera, completamente dedicada a traballar por Galiza e a súa cultura, e ao mesmo tempo tiveron que loitar contra o esquecemento e a marxinación como lle pasou e pasa a Ricardo Carvalho Calero. Tardaremos en pagar a débeda que temos …

Xoán Manuel Pintos, o precursor

O día 29 de xuño de 1876 morría en Vigo, aos sesenta e catro anos, Xoán Manuel Pintos. Nado en Pontevedra e considerado un precursor do Rexurdimento –eses autores que cando Rosalía publicou Cantares gallegos, en 1863, eles xa tiñan algunha obra publicada–, Pintos pertence á primeira xeración provincialista. Será a súa obra, A gaita …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies