O mércores 5 de maio, ás 19.30 h, no noso local, terá lugar a presentación de Correspondencia entre Manuel María e Xosé Neira Vilas (1947-1997), de Manuel Ferreiro e Xosé Ramón Ferreiro Mato. Manuel María (1929-2004) e Neira Vilas (1928-2015) son dous autores fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX. Ambos pertencen, por …
A Plataforma Vía Galega organiza un acto público conmemorativo dos feitos da Revolución Galega de 1846 e en lembranza dos Mártires de Carral. Será o sábado 24 de abril ás 12:00 h en Carral e contará coa intervención do artista Xurxo Souto. Mediante esta actividade, Vía Galega, a plataforma social en defensa dos intereses nacionais …
Dentro do ciclo de Mulleres e realidades comúns, que coordina Cristina Bajo, o venres 23, ás 19 h, teremos con nós a Carme Adán para falar de Identidade de xénero e o debate trans. É a identidade de xénero algo libremente decidido ou existe un sexo biolóxico, ou algo “natural” que o determina? Cando desde …
O luns 19, ás 19.30, presentaremos no noso local o último número de Areal, a revista da AC Irmáns Suárez Picallo dedicado ao Pazo de Meirás: MEIRÁS 2020. Unha sentenza histórica, con Carlos Babío e Manuel Pérez Lorenzo, autores da obra “Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio”. Este número conta cun dossier dedicado ao …
Este sábado, día 10 de abril ás 12 h, inauguramos a exposición de gravados Lugar de Memoria e soños do artista plástico Ali Ali. ALI ALI (Al Hassake. Syria – 1974), licenciado en Belas Artes, obtén a especialidade de gravado na Universidade de Damasco en 1998. Este artista sirio, pintor e gravador, establecido na Coruña …
O xoves 15 ás 19:30 h presentarase no noso local o libro XelArias. Palabra á intemperie de Emma Pedreira e Laura Romero, editada por Baía Edicións. Unha biografía ilustrada da poeta que toma como referencia os seus versos. XelArias. Palabra á intemperie é unha biografía en verso nacida da colaboración entre a escritora Emma Pedreira …