Álvaro Cebreiro na Coruña – Paseos en agosto XXX

Ilustración de Cebreiro na praza do Humor

Esta ilustración na Praza do Humor da Coruña rende homenaxe ao debuxante, ilustrador e caricaturista Álvaro Cebreiro.

Nado na Coruña en 1903, Álvaro Cebreiro Martínez foi un artista precoz que con só dezaseis anos xa se deu a coñecer no xornal A Nosa Terra.

Tamén con moi poucos anos de idade, Álvaro Cebreiro pública co poeta Manuel Antonio –en 1922– o manifesto vangardista Máis alá! Nel afirman sobre a lingua:

“Pero hai aínda unha razón d´orde supremo: a nosa Fala é nosa. Pospol–a a outra calquera, é unha forma d´o suicidio.”

Esa preocupación pola lingua levou a Álvaro Cebreiro a ingresar en 1920 na Irmandade da Fala da Coruña. Na sede das Irmandades fixo ese ano a primeira exposición.

Praza do HumorÁlvaro Cebreiro –que estudou na Escola de Comercio da Coruña– traballou en distintos medios: El Pueblo Gallego, El Sol, Faro de Vigo, Vida Gallega, El Ideal Gallego, Galicia Emigrante, Mariñana, As Roladas, Ronsel e Alfar.

Placa da rúa Álvaro Cebreiro

Álvaro Cebreiro naceu na rúa Linares Rivas da Coruña, desde o ano 2015 o seu nome tamén aparece nunha céntrica rúa desta cidade.

No ano 1953 ingresa Álvaro Cebreiro na Real Academia Galega de Belas Artes e tres anos despois –en 1956– falecía na Coruña.

Lápida de Álvaro Cebreiro

Os restos do debuxante Álvaro Cebreiro descansan no Cemiterio de Santo Amaro da Coruña.

Tumba de Álvaro Cebreiro

Deixa un comentario

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies