Rosalía de Castro viviu Coruña durante catro anos, na década dos setenta do século XIX, de 1871 a 1875.

Na nosa cidade xa estivera en 1861, ao regreso dunha viaxe de Madrid.

“A Coruña estaba fermosísima. Unha temperatura de primavera e un sol brillante. Estaba por ficar xa nela”

(Carta de Rosalía de Castro a Manuel Murguía, 16 de decembro de 1861).

Logo de que Manuel Murguía foi nomeado director do Arquivo Xeral do Reino, a familia instálase no número 3 da rúa do Príncipe, naquela altura chamada de Padilla. Rosalía chega a Coruña coa familia na última semana do mes de xaneiro de 1871. Pero a mediados de 1874 xa vive na rúa Campo de San Agustín nº 10.

Son moitas as pegadas que existen na cidade para podermos homenaxear a escritora: o teatro principal da cidade leva o seu nome, unha rúa, un colexio de infantil e primaria, unha estatua, os seus versos no Xardín de San Carlos, o seu nome nas vidreiras do Pazo Municipal… E mesmo da Coruña partiu a idea de pór o seu nome a unha estrela…

Desde a AC Alexandre Bóveda queremos contribuír dalgún xeito para que a súa obra sexa aínda máis coñecida e recoñecida por iso elaboramos dúas propostas didácticas para coñecer máis e mellor a Rosalía de Castro.

CADERNO DE ACTIVIDADES. EDUCACIÓN PRIMARIA

Caderno de actividades Rosalía na Coruña (Educación primaria). Ao final do documento atopades un QR. Pulsando sobre el accededes ao solucionario.

Fullscreen Mode

UNIDADE DIDÁCTICA. EDUCACIÓN SECUNDARIA

Unidade didáctica para secundaria sobre Rosalía de Castro

Fullscreen Mode

Dossier de actividades para o alumnado de secundaria

Fullscreen Mode