Co corazón ateigado

“…co corazón ateigado de espranza e os ollos postos no porvir da nai Terra”. Os días 17 e 18 de novembro de 1918 as Irmandades da Fala celebran na cidade de Lugo a súa I Asemblea Nacionalista. Nesta xuntanza fixaríase o ideario das Irmandades, en consecuencia do galeguismo político da época, coa aprobación do Manifesto …

Basilio Álvarez, o cura agrarista

Da importancia do campo en Galiza –da agricultura e da gandería– non fai falta falar moito. Xeracións e xeracións de galegos e galegas vivimos deste medio, séculos e séculos. Pero, o desenvolvemento e o trato recibido polos campesiños ao longo da historia non foi parello á importancia da que falabamos. Na literatura, temos mostras abondosas …

Os seis poemas galegos de Lorca

No século XIII, Afonso X –nado en Toledo e Rei de Castela e León– escribía as Cantigas de Santa María en galegoportugués, lingua que na época era habitual da lírica culta en Castela. Preto de sete séculos despois, un escritor nado en Fuente Vaqueros (Granada) volvía utilizar a lingua galega para escribir seis poemas: Federico …

Milladoiro: a dignificación da música tradicional

Entre os sinais identitarios do pobo galego, a música de transmisión xeracional constitúe, xunto coa lingua, unha das súas cartas de presentación máis significadas. Afirmarmos que o noso país non sería o mesmo sen o idioma galego, as rías, as paisaxes do interior ou a gastronomía implica tamén, por súa vez, repararmos en que tampouco …

Sorrisas e bágoas

Imos contarvos unha historia de ficción, non crible, sabémolo. Esta historia vai dunha muller. Supoñamos que se chama FH. FH nace na 2ª metade do século XIX. Neta dun famoso banqueiro local, pertence a iso que chamamos burguesía acomodada. Como unha muller do seu tempo e clase social é educada nos principios tradicionais e nunha …

Balbino… somos todos

Hai unanimidade na crítica literaria en considerar a Xosé Neira Vilas como un clásico da literatura galega. De Memorias dun neno labrego (1961) sempre se di que é un dos libros máis editado, vendido e lido. Sobran razóns para dedicarlle unhas breves liñas ao autor de Gres, aproveitando que nacía por estas datas: un 3 …

No camiño dun cancioneiro reivindicativo da muller

Se me rondan, que me ronden, eu non quero ser rondada, pois digo unha vez que non, non quero ser porfiada. Algúns dos cantos tradicionais galegos teñen sona de posuíren un marcado verniz misóxino, o que, sendo certo, constitúe unha característica común con outros cancioneiros hispánicos de orixe popular. No caso da Galiza, que é …

Calvo Sotelo non era ensinante

APROBADA A MOCIÓN PRESENTADA POLA AGRUPACIÓN CULTURAL ALEXANDRE BÓVEDA A petición da AC Alexandre Bóveda, o Pleno de hoxe, venres 26 de outubro, da Deputación da Coruña vén de aprobar, coa abstención do Partido Popular, iniciar os trámites para mudar o nome do IES Calvo Sotelo, dependente desta Deputación. Os grupos que apoiaron a moción, …

Galeguización das escolas (Materia pendente)

No ano 1768 publícase a Real Cédula de Aranjuez asinada polo rei Carlos III. Esta orde impón o uso do castelán en calquera actuación pública, oficial, e, en concreto, no ensino. Paralelamente, na Galiza, os ilustrados P. Feixoo e P. Sarmiento defenden e reivindican nos seus escritos o uso do galego no ensino: “Es una …

Noriega Varela, o poeta da montaña

Hai vilas en Galiza que aportaron á nosa literatura varios e importantes escritores. É como se eses lugares favorecesen a inspiración. Se Rianxo foi o berce de Castelao, Dieste e Manuel Antonio; Celanova deunos a Curros e Celso Emilio. Pois ben, o día 19 de outubro de 1869 nacía noutra desas vilas que son un …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies