A tarde do venres 15 de setembro foi o momento elixido pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda para realizar un roteiro ben singular: da man de Martin Pawley, crítico cinematográfico, produtor, programador e estudoso do cine, percorremos algúns dos lugares que foron sede de cinemas na nosa cidade. Algúns destes, edificios xa demolidos e substituídos por …
Nado en Santiago de Compostela en 1920, a finais dos anos corenta, Isaac Díaz Pardo deixa Madrid para trasladarse a Galiza, ao mesmo tempo que cambia a pintura pola cerámica. Nos terreos do pazo da familia da súa compañeira, Carmen Arias –Mimina–, no Castro de Samoedo (Sada), monta un pequeno taller cerámico. O resultado será …
As vistas desde a Torre Eiffel quedan pequeniñas ao lado das que hai desde estes montes. Praias que nada teñen que envexar ás que antano decoraban as axencias de viaxe (canto hai que non entramos nunha desas axencias?). O famoso Caminito del Rey é unha vulgar estrada se a comparamos coas sendas que cruzan estas …
Dentro da programación da Feira do Libro da Coruña, tivo lugar unha mesa redonda co título A Coruña como escenario literario. Con Beatriz Maceda como moderadora, Andrea Maceiras, Antonio M. Fraga e Héctor Pena falaron das súas novelas: Que me pare o corazón se te esquezo, Santoamaro e A pioneira, respectivamente. Comezou sinalando Beatriz Maceda …
“Non enterran cadáveres: enterran semente” (Castelao) A Irmandade Galega de Arxentina, presidida por Castelao, decidiu instituír o 17 de agosto, coincidindo co aniversario do fusilamento de Bóveda, como o Día da Galiza Mártir. Nesta data, personificando en Alexandre Bóveda, figura clave para o nacionalismo galego, fundador e logo secretario de organización do Partido Galeguista, vítima …
Guiados polo seu comisario, Manuel Gago, visitamos a exposición “A Coruña no Tempo” que se atopa na sede Afundación. Segundo Manuel Gago, a exposición é un proxecto global que reivindica a identidade urbana de Galiza. Explora os trazos que conformaron a identidade da Coruña ao longo de miles de anos de historia. Comezamos o …
Señor presidente do Parlamento de Galiza. Señoras e señores portavoces dos grupos parlamentarios. O pasado día 7 de xuño, as asociacións memorialistas galegas asinantes deste escrito, asistimos convidadas a un acto no Parlamento de Galiza de homenaxe a Alexandre Bóveda e ás vítimas galegas do franquismo, baixo o título “Concordia, paz, liberdade”. Alén que as …
A Real Academia Galega –en pleno celebrado hoxe, 29 de xuño– acordou homenaxear a Luísa Villalta co Día das Letras Galegas de 2024. Cando se cumpran vinte anos do seu falecemento, a socia de honra da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda vai ter o recoñecemento merecido. En varias ocasións, a nosa Asociación dirixiuse á Real Academia …
Temos a seguranza de que a Coruña é unha cidade literaria e para afianzar esa idea, só é preciso dar un paseo polos xardíns de Méndez Núñez, como fixemos na mañá do 20 de maio. Comezamos na parte traseira do Teatro Rosalía de Castro onde nos dá a benvida a historiadora Carmela Galego que nos …
A Real Academia Galega escolleu para homenaxear co Día das Letras Galegas de 2023 a Francisco Fernández del Riego. Nado en Vilanova de Lourezá (Lugo) en 1913, foi fundador de Galaxia (1950) e presidente da Real Academia Galega entre 1997 e 2001. A continuación, transcribimos algúns fragmentos da obra de Francisco Fernández del Riego. TEXTOS …