Somos porque outras foron

Corría o ano 1918 e na Galiza estaban a ocorrer feitos de grande transcendencia. No mes de marzo, por exemplo prodúcese en Ferrol unha folga de mulleres; estas folgas de consumos xa se tiñan producido no país en anos anteriores e tamén nesta ocasión son as mulleres as que se poñen á fronte do conflito …

As chaves do tempo

A agrupación Cultural Alexandre Bóveda e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organizaron entre o 18 e o 27 de novembro de 2017 unha serie de actividades arredor de Luísa Villalta.

Ler non serve para nada

Porque os libros, dalgunha maneira, deséxannos. Chámannos. Abrámolos, pois. Escoitemos esa chamada. Había unha vez… Foi daquela cando… Dicía Scherezade… (Xavier Seoane) @s lector@s somos unha tribo amadora e resistente, sempre a facer apoloxía, falando de libros ou falando do desexo e gozo da lectura. Así que imos animarvos hoxe a que nestes días de …

Calendario 2018

Mª Dolores Díaz Baliño, primeira muller na Academia Galega de Belas Artes, Ernestina Otero e a defensa do ensino, Ángela Ruiz Robles, a precursora do e-book, María Miramontes, unha vida tecendo a Patria, Ángeles Alvariño, precursora na investigación oceanográfica mundial, Sabela Barreto a primeira almiranta, Manuela Antonia Barreiro Pico, a primeira farmacéutica galega, Antonia Ferrín …

Mellorando a lingua

Se xa sempre falas galego, mais sabes que che cómpre mellorar o vocabulario, as construcións, ou que hai moitos castelanismos que tes que desbotar… aí vai o noso agasallo! O curso de galego Mellorando a lingua da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. Logo de ver os catro planos que trata (ortográfico, fónico, morfosintáctico, semántico-lexical, pragmático-textual), o …

Cantar na Coruña. Cancioneiro coruñés dos séculos XVIII e XIX

Xosé Manuel Sánchez Rei presenta a súa obra Cantar na Coruña. Cancioneiro coruñés dos séculos XVIII e XIX editado por Laiovento. Unha edición de máis de catrocentos cantares tradicionais galegos. Foron compilados durante os séculos XVIII e XIX, na súa maioría na comarca da Coruña, e van precedidos dun estudo introdutorio de forma a situalos …

A Nosa Terra

O 14 de novembro de 1916 sae na Coruña o primeiro número do xornal A Nosa Terra, unha das cabeceiras históricas do nacionalismo galego. Nace como boletín decenal baixo o lema Idearium da Hirmandade da Fala en Galicia e nas colonias gallegas d’América e Portugal. Unha das características esenciais do voceiro das Irmandades é o …

As chaves do tempo. Arredor de Luísa Villalta

As Chaves do Tempo, unha ocasión para reler a obra da escritora que se sentiu identificada no acubillo da Cidade: O meu nome é o da Cidade Alta. Poemas para reconstruír os pasos de Luísa Villalta a través dos vasos comunicantes que transcenden o pulso da súa Música Reservada, á harmonía versificadora do Ruído, ao …

Queixumes dos pinos

Queixumes dos pinos é o título do libro de poemas escrito por Eduardo Pondal e que conten o poema Os pinos mais con ese nome de “Queixumes dos pinos”, segundo nos explica Xoán Costa, existiu tamén unha coral. En xaneiro de 1922 a sociedade coral Queixumes dos pinos da Coruña (hai outra co mesmo nome …

Repensarmos a revolución: 1917-2017

A revolución rusa constitúe un dos fitos da historia do mundo do século XX. A primeira guerra mundial someteu a tensións brutais á sociedade rusa e provocou a caída do sistema zarista, que exercía un poder despótico e vivía na máis absoluta riqueza fronte á miseria e o desánimo do pobo ruso. Despois dunha efémera …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies