Un poema para agosto (XXII): Luz Pozo Garza

Luz Pozo Garza (Ribadeo,1922 – A Coruña, 2020) publicaba en 2005, As arpas de Iwerddon. Nel aparece o poema “Torre de Breoghan”. TORRE DE BREOGHAN   ITH fillo de Breoghan esculcaba o horizonte desde o alto da Torre de Brigantia   Era nunha noite clarísima de lúa Era como un espello toda a palma do …

Un poema para agosto (XXI): Emilio Xosé Ínsua López

O profesor e escritor, Emilio Xosé Ínsua López (Viveiro, 1967), dedícalle á cidade da Coruña un poema titulado precisamente así. A CORUÑA   Amada cidade, de cantábrico e indómito alento, é o teu mar un convite perpetuo ao soño: a historia percorre silente cada rúa túa e un remol de identidades oréache o xenio.   …

Un poema para agosto (XX): Miguel Anxo Fernán-Vello

Miguel Anxo Fernán-Vello (Cospeito, 1958) públicou, no ano 2004, Territorio da desaparición. Nel incluía o poema, “Noites coruñesas”. NOITES CORUÑESAS   Labradas como un eco vibrante na sombra azul do mar, as noites coruñesas arrecenden a hora sensual, maré salina de estrelas, silencio de enigma portuario, flor de palpitación líquida no ceo.   Noites que …

Un poema para agosto (XIX): Yolanda Castaño

Yolanda Castaño Pereira (Santiago de Compostela,1977) dedícalle á Coruña o poema titulado Mazás no xardín de Tolstoi. A voz poética, despois de percorrer o mundo con experiencias que a marcaron profundamente, sinala que quere “voltar á casa”. Xa que “o recanto/ que prefiro/da Coruña/   /xusto en ti.” MAZÁS DO XARDÍN DE TOLSTOI   Eu, que …

Un poema para agosto (XVIII): Lourdes Maceiras García

A profesora e escritora, Lourdes Maceiras García (Barcelona,1955), publicaba en 2008 o poema A Coruña, dedicado á cidade herculina, que para ela é “nostalxia” e “lembranza”. A CORUÑA   É nostalxia, é lembranza. É auga que quero e vida. É ver o tempo que pasa. É o aire que respiras.   É nostalxia, é lembranza. …

Un poema para agosto (XVII): Xoán Abeleira Álvarez

Xoán Abeleira Álvarez (Maracay-Venezuela, 1963) dedícalle á Coruña o poema titulado, A vista de paxaro. A VISTA DE PAXARO   Na Cruña A día de hoxe Vaivos un sol do diaño   As nubes escasulláronse Baixo unha luz estereoscópica Debullada polos anxos   E mentres uns Revisten a súa ledicia Cun traxe novo de baño …

Un poema para agosto (XVI): Asunción Arias

Asunción Arias Arias (Fontei-A Rúa de Valdeorras,1953), autora entre outros libros de Muller de vidro (2002), publicaba en 2008, o poema, “Na procura de Anxelina”. Nel, viaxa pola Coruña na busca de Anxelina, “tecedora das chaquetas de punto”. NA PROCURA DE ANXELINA   Asolagadas como barcos sen velas, percorremos a cidade herculina, «na que ninguén …

Un poema para agosto (XV): Henrique Manuel Rabuñal Corgo

O profesor e escritor Henrique Manuel Rabuñal Corgo (Pastoriza-Arteixo, 1962), bo coñecedor da cidade, dedícalle á Coruña parte dos seus versos e estudos. Neste caso, o poema “Cidade Alta” que, á súa vez”, dedica “A Manolo Fernández Costas”.   CIDADE ALTA                                                       A Manolo Fernández Costas   Choran as lousas e os santos da …

Un poema para agosto (XIV): Miro Villar

O escritor e profesor Miro Villar (Cee, 1965) inclúe no seu primeiro libro, Ausencias pretéritas (1992), un poema que sitúa na Coruña. A voz poética recoñece que amenceu na Coruña e, ao final do poema, pídelle ao “cristal da cidade” que “difunda a xolda nosa”. Cos zapatos lustrosos amencín na Coruña, e os ollos confundidos …

Un poema para agosto (XIII): María Xosé Lamas

A escritora María Xosé Lamas (Vilalba, 1961) dedícalle versos á cidade da Coruña: “calexas sombrías”,”marco inconfundíbel de mariña”… Tamén, o “desafío”. A CORUÑA, A CIDADE, O DESAFÍO   Dende os azuis iris do mar enxergo a liña topográfica lonxincua -silueta inconstante- adormecida no sono do solpor, dona do tempo.   Por enriba da pedra xa …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies