Un poema para agosto (XII): Xosé Vázquez Pintor

Xosé Vázquez Pintor (Melide, 1946) reflicte nun poema a primeira vez que viu o mar, na Praia do Orzán –na Coruña–, da man de seu pai. Na escola franquista predominaba o estudo memorístico de ríos, mares, montes, capitais, reis… De aí, que a primeira vez que se vía realmente o mar era sempre un recordo …

Un poema para agosto (XI): María do Carme Kruckenberg

A poeta María do Carme Kruckenberg Sanjurjo (Vigo,1926 – Vigo, 2015) dedícalle versos a cidade da Coruña: vento, néboa, bravo mar, barco, faro… beleza. A CORUÑA A bravura da mar envolve a túa cintura con brétemas translucidas de encaixe de bolillos. Os amigos navegan por costas invencibres da túa xeografía. A mitade do barco se …

Un poema para agosto (X): Francisco Añón

O precursor do Rexurdimento, Francisco Añón Paz (Outes, 1812 – Madrid,1878), dedícalle un poema a Torre de Hércules. Segundo el, todo o mérito é dos “canteiros”. ANTE A TORRE D’HÉRCULES -Esta torre fai mil anos Que a fixeron os fenicios. -Tamen hai algúns indicios De que é obra dos romanos. -Sodes na historia profanos E …

Un poema para agosto (IX): Lois Diéguez

Na Coruña –o día 5 de febreiro de 1999–, databa Lois Diéguez Vázquez (Monforte de Lemos, 1944) o poema titulado “Cambio de morada”. Versos dedicados a Manuel María e Saleta Goi García con motivo do seu traslado á Coruña en 1998. CAMBIO DE MORADA                                      A Manuel e Saleta                                    que agora viven na                 …

Un poema para agosto (VIII): Olga Patiño

A profesora e poeta coruñesa, Olga Patiño Nogueira, en Latexos fragmentados (2002), dedícalle un poema a Curros e ao xardín onde se atopa a súa monumental estatua na Coruña: os Xardíns de Méndez Núñez. NO XARDÍN DA NENEZ (onde mora a estatua de Curros Enríquez)   Lémbrome da transparente nenez, onde tentaba albisca-la sinfonía do …

Un poema para agosto (VII): Manuel Rivas

Manuel Rivas Barrós (A Coruña, 1957), no seu libro Mohicania (1986), dedícalle unha “Oda á Coruña”. ODA Á CORUÑA Pola porta do aire os tolos perseguen as túas guedellas de amazona. Ámante, cidade. Ámante os orfos da que arrebuñan a luz da túa pel. Ámante os fillos do mar, tralo ronsel salgado do teu sexo. …

Un poema para agosto (VI): Xavier Seoane Rivas

Xavier Seoane Rivas (A Coruña, 1954) publicaba en Dársenas do ocaso ( 2002) o poema “A Patria”. Nos seus versos amósanos e que é e non é para el a patria. A PATRIA   Pregúntasme o que eu penso da patria.   A patria, para min, é o olor a brea, as abellas voando sobre …

Un poema para agosto (V): Álvarez Cáccamo

Xosé María Álvarez Cáccamo escribía en 1998 esta “Crónica do espanto” sobre o terror fascista en 1936. O que transcribimos a continuación é só un fragmento, neste caso, sobre os asasinatos no Campo da Rata, na Coruña. CRÓNICA DO ESPANTO (Galiza 1936)   A gadoupa mecánica do monstro diminuto non tremeu nunca no momento de …

Un poema para agosto (IV): Rosalía de Castro

Rosalía de Castro (Santiago de Compostela, 1837 – Padrón, 1885) no poema “!Prá á Habana!”, de Follas novas (1880), describe o doloroso momento da partida para emigración do porto da Coruña, alí onda o “murallón antigo do Parrote”.Rosalía de Castro (Santiago de Compostela, 1837 – Padrón, 1885) no poema “!Prá á Habana!”, de Follas novas …

Un poema para agosto (III): Luísa Villalta

Luísa Villalta Gómez (A Coruña,1957-A Coruña, 2004) ten numerosos poemas dedicados á súa cidade. No libro, En concreto (2004), aparece o titulado “Estación” no que fala da cidade herculina como fin de traxecto. A ESTACIÓN   Onda nós nunca pasan os trens. só chegan ou parten. Por iso tamén somos nós a nosa última estación …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies