Agosto vai por barrios: a Agra do Orzán

Con preto de 29.000 habitantes, o barrio da Agra do Orzán é un dos de maior densidade de poboación da cidade da Coruña. E, non só da cidade, ese medio quilómetro cadrado é un dos de maior densidade de poboación de España e mesmo de Europa. O seu rápido desenvolvemento –sen planificación– tivo lugar nos …

Común temos a Patria / Matria

Esta data do 25 de Santiago, en todol-os logares do mundo onde latexa un peito galego, é data de lembranza da Patria natural que dende antigo, como agora e sempre, ha ser a única patria verdadeira do home. (A Nosa Terra, 25 de xullo de 1920)   Matria coa que soñei que un día durmiría …

Tempo de verán

“Sempre se agarda o verán” (Daniel Salgado) Oficialmente entrou o 21 de xuño. Dunha maneira máis simbólica e festiva, quedou inaugurado tras as fogueiras de San Xoán. O certo é que –como di o verso de Daniel Salgado– sempre se agarda o verán. Nesta época de días longos e noites curtas, quen manda –máis ca …

Letras Galegas de 2022 para Luísa Villalta

Fronte á rutina, o rito da palabra tensa a pel (Luísa Villalta) Con catro meses e catro días de diferenza falecían Xela Arias, en Vigo (2003) e Luísa Villalta, na Coruña (2004). Con tan escasa marxe de tempo, o mundo literario e cultural galego viuse sacudido polo que, en 1612, xa escribira no seu soneto …

O porto da Coruña é de todas

Hoxe vestín a Cidade como todos os días e saín polas rúas procurando un abrigo (Luísa Villalta) Unha das cousas que nos ensinou a pandemia que estamos sufrindo desde hai máis dun ano é a necesidade de ter –e adaptar– cidades para as persoas. Vimos como precisabamos espazo para camiñar, zonas verdes e de lecer. …

Voces para Xela Arias

Inconformista, solidaria, transgresora, rebelde, desobediente, liberadora, rigorosa, orixinal, persoal, desafía os moldes convencionais…son algunhas das expresións que se utilizan para aludir á voz de Xela Arias. Son moitas as voces que se escoitan –e len– arredor da autora homenaxeada nas Letras Galegas de 2021. A continuación, facemos unha pequena selección desas voces sobre Xela Arias, …

Un maio por maio

Por substantivo maio podemos entender o nome do quinto mes do ano; unha construción de madeira totalmente cuberta de follas, flores e outros adornos; unha copla que se canta por esta época; en plural –os maios–, tamén pode ser a festa popular que se celebra ao comezar o mes. Coas orixes nas antigas civilizacións prerromanas …

As outras “Grândolas”

Grândola, vila morena Terra da fraternidade O povo é quem mais ordena Dentro de ti, ó cidade Ás 0:20h do 25 de abril de 1974 soaba en Rádio Renascença a canción de José Afonso, Grândola, Vila Morena. Era o sinal acordado do inicio da Revolucão dos Cravos, que acababa con moitos anos de ditadura e …

Nación, autodeterminación… O valor das palabras

As escritoras e escritores coñecen ben –porque traballan con elas– o poder e o valor das palabras. O poeta da Terra Chá, Manuel María, escribía unha “Canción da claridade das palabras”, no seu libro As lúcidas lúas de outono, de 1988: A palabra nomea e crea ás cousas, pon orde no mundo e armoniza toda …

Xela Arias cántalle a Rosalía

D’aquelas que cantan as pombas y as frores Todos din que teñen alma de muller, Pois eu que n’as canto, Vire d’a Paloma, ¡Ay! ¿de que’ a terei? Xa en 1885, Curros Enríquez escribía o seu coñecido poema “A Rosalía“, con motivo do falecemento da autora. A figura de Rosalía de Castro espertou, en todas …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies