Prohibistes o galego nas ABAU… Imperialistas fracasados

A CIUG, AS ABAU E O LIBRO NEGRO DA LINGUA GALEGA A CIUG (Comisión Interuniversitaria de Galicia) vén de eliminar do temario das ABAU (avaliación de bacharelato para o acceso á universidade) a historia do galego anterior a 1981. Algunhas das ideas que a CIUG non quere que a mocidade coñeza: NA IDADE MEDIA (S. …

O ensino no rural

Hai uns meses, a Confederación de Anpas Galegas presentaba un documento titulado “Por un plan específico para o rural galego“. Conscientes da súa necesidade, pretendían “aguilloar a quen debe facelo”. O documento –arredor dunhas oitenta páxinas– era o resultado dun traballo feito de tres maneiras: xuntando as familias en grupos de traballo en liña, facendo …

Impresentábel

Cen anos despois de que Eduardo Pondal –a requerimento do músico Pascual Veiga– escrebese a letra para un Himno galego (1890), o investigador Manuel Ferreiro estaba en condicións de estabelecer o texto verdadeiro, submetido, a través dos anos, a varias deturpacións. Quen traballamos desde hai décadas coa literatura de Rosalía de Castro e doutros clásicos …

Días longos de terra

Catro eran os homes que se procuraban na terra de Bértoa (Carballo) en setembro de 2023. Oitenta sete anos sen Juan Boedo, Francisco Miguel e os Pinilla –pai e fillo–. En setembro de 1936 foron vítimas dunha desaparición forzosa, iso que na altura chamaban eufemisticamente “dar o paseo”. As entidades que hoxe en día tratan …

Queremos galego no Congreso

A plataforma Queremos Galego, da que ACAB fai parte, está a levar a cabo unha recollidade sinaturas de apoio A QUEREMOS GALEGO NO CONGRESO. Ante a presentación o martes 19 de setembro de 2023 da reforma do Regulamento do Congreso mediante a cal se permitirá que se empreguen todas as linguas que teñen a condición …

O Cinerama e os cinemas da Coruña

A tarde do venres 15 de setembro foi o momento elixido pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda para realizar un roteiro ben singular: da man de Martin Pawley, crítico cinematográfico, produtor, programador e estudoso do cine, percorremos algúns dos lugares que foron sede de cinemas na nosa cidade. Algúns destes, edificios xa demolidos e substituídos por …

Museo Carlos Maside: acceso á beleza

Nado en Santiago de Compostela en 1920, a finais dos anos corenta, Isaac Díaz Pardo deixa Madrid para trasladarse a Galiza, ao mesmo tempo que cambia a pintura pola cerámica. Nos terreos do pazo da familia da súa compañeira, Carmen Arias –Mimina–, no Castro de Samoedo (Sada), monta un pequeno taller cerámico. O resultado será …

O Camiño dos Faros. O reto de Maite Rojo

As vistas desde a Torre Eiffel quedan pequeniñas ao lado das que hai desde estes montes. Praias que nada teñen que envexar ás que antano decoraban as axencias de viaxe (canto hai que non entramos nunha desas axencias?). O famoso Caminito del Rey é unha vulgar estrada se a comparamos coas sendas que cruzan estas …

A Coruña como escenario literario

Dentro da programación da Feira do Libro da Coruña, tivo lugar unha mesa redonda co título A Coruña como escenario literario. Con Beatriz Maceda como moderadora, Andrea Maceiras, Antonio M. Fraga e Héctor Pena falaron das súas novelas: Que me pare o corazón se te esquezo, Santoamaro e A pioneira, respectivamente. Comezou sinalando Beatriz Maceda …

Día da Galiza Mártir

“Non enterran cadáveres: enterran semente” (Castelao) A Irmandade Galega de Arxentina, presidida por Castelao, decidiu instituír o 17 de agosto, coincidindo co aniversario do fusilamento de Bóveda, como o Día da Galiza Mártir. Nesta data, personificando en Alexandre Bóveda, figura clave para o nacionalismo galego, fundador e logo secretario de organización do Partido Galeguista, vítima …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies