Eleccións: outra mirada (Voto e boto, vota e bota)

ELECCIÓNS: A OLLADA DE CASTELAO Os diputados galegos sonche boi ben educados, falan moi ben nesta terra e en Madrid están calados. Así cantaba o grupo de San Sadurniño, Saraibas, no ano 1980. Igual non cambiou moito o panorama desde entón, e aos nosos representantes en Madrid se lles pode aplicar a mesma crítica da …

A emigración galega. “Este vaise e aquel vaise”

A xeito de S.O.S. falo na madrugada: Pechái tódalas portas e que xa ninguén saia. A emigración é un fenómeno secularmente ligado a Galiza e do que existe constancia desde épocas moi antigas. Con todo, será no século XIX cando acade un maior peso e se faga masiva, sendo América o destino escollido dos emigrados. …

Para estar no mapa do mundo

Nos meses de outono desenvolverase na nosa asociación un ciclo de pensamento que titulamos PARA ESTAR NO MAPA DO MUNDO, voces diferentes que tiran do fío dunha historia para amosar pensamentos, vontades e accións diferentes e así comprender, coñecer, propoñer, explicar ou tan sequera amosar o mundo do que formamos parte. Nove persoas que en …

27 de setembro de 1975: as últimas execucións do Franquismo.

A escasos dous meses do seu falecemento, o ditador Francisco Franco asinaba as últimas penas de morte do franquismo para tres membros da Fronte Revolucionaria Antifascista e Patriótica (FRAP) e dous militantes de ETA político-militar. A mañá do sábado 27 de setembro de 1975 eran fusilados en Hoyo de Manzanares (Madrid) os membros da FRAP, …

Setenta anos de Simone de Beauvoir

Referímonos, claro está, non a 70 anos do seu nacemento, senón aos 70  da publicación dun clásico contemporáneo: Le deuxième sexe (título suxerido polo seu amigo Jacques Bost, dedicatario da obra), publicado xustamente no ecuador da vida de Simone de Beauvoir (1908-1986), que conta con tradución ao galego desde 2010. É a obra dunha filósofa …

Tempo de Outono

Desde o punto de vista lingüístico, as catro estacións que forman o ciclo do ano –de tres meses de duración cada unha– teñen no galego estándar unha denominación cada unha delas: primavera, verán, outono e inverno. Con todo, a nivel popular a cuestión é máis complexa, sobre todo, no tocante ao outono. Falariamos, realmente, de …

Setembro: tempo de escola (A todas as mestras e mestres)

“Naceu en Betanzos. E fala galego connosco. Eu deseguida lle collín cariño. Tan agarimosa, tan rideira.” Quen así fala é Balbino en Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas. Estase a referir a Eladia, a súa mestra. A todas as mestras e mestres que, chegado setembro volven ás aulas, van estas liñas de recoñecemento …

María Castaña: unha rebelde de lenda

Hai nomes que se popularizaron de tal maneira que pasaron de xeración en xeración ao imaxinario popular, sen ter conciencia nin coñecemento exacto da súa vida nin do que significaron. Un deses nomes é o de María Castaña. No seu caso este feito aínda é máis rechamante porque mesmo se converteu en dito e pasou …

Os mortos daquel verán

Collémoslle este título a Carlos Casares para lembrar e homenaxear ás persoas asasinadas naquel verán de 1936, para axudar a rescatar do esquecemento a mulleres e homes de pensamento e de acción, persoas que traballaron polo progreso, pola igualdade, pola mellora deste país e de cada unha das galegas e galegos. En Galiza non houbo …

Rita Amparo López Jean

Rita Amparo López Jean naceu en Vilaboa (Culleredo) o 30 de outubro de 1885, filla de Adela Cruz Ramona Jean Toca, natural de Pamplona e do coruñés Sabino María López Núñez: viúvos os dous, casaran en Vilaboa o 14 de febreiro de 1880. Adela, formada como mestra en Cuba (alí marchara de nena co seu …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies