Rita Amparo López Jean

Rita Amparo López Jean naceu en Vilaboa (Culleredo) o 30 de outubro de 1885, filla de Adela Cruz Ramona Jean Toca, natural de Pamplona e do coruñés Sabino María López Núñez: viúvos os dous, casaran en Vilaboa o 14 de febreiro de 1880. Adela, formada como mestra en Cuba (alí marchara de nena co seu …

Antonia Martínez “Tinita”. A ciclista galega que escandalizou a Habana

A muller deportista estivo sempre marxinada dentro da sociedade xa que o deporte é tradicionalmente un mundo de homes. Na actualidade, case todos os deportes teñen a súa versión feminina. Con todo, as mulleres deportistas permanecen, normalmente, á sombra dos seus colegas masculinos. O ciclismo feminino de competición comeza entre nós á vez que a …

Mercedes Romero Abella. Mullere(es) de palabra

  Con María Miramontes comezamos unha colección que titulamos MULLER(ES) DE PALABRA para axudar a rescatar do esquecemento a mulleres de pensamento e de acción, mulleres singulares que traballaron polo progreso, pola igualdade, pola mellora de Galiza e de cada unha das galegas e galegos. O número dous desa colección foi dedicado a Mercedes Romero …

Galiza pola República e o polo dereito a decidir

O 23 de xullo de 1969, hai agora cincuenta anos, Juan Carlos Alfonso Víctor María de Borbón y Borbón-Dos Sicilias, ante as Cortes franquistas presididas por Antonio Iturmendi Bañales, aceptaba a designación do ditador Franco que o nomeaba sucesor a título de rei. Nese acto, o príncipe de España, xuraba “lealtad a Su Excelencia el Jefe del Estado y …

María Soliña: símbolo do sufrimento do pobo

  Polos camiños de Cangas a voz do vento xemía: ai, que soliña quedache, María Soliña.   Nos areales de Cangas muros de noite se erguían: ai, que soliña quedache, María Soliña.   As ondas do mar de Cangas acedos ecos traguían: ai, que soliña quedache, María Soliña.   As gueivotas sobre Cangas soños de …

María Balteira: famosa e descoñecida, criticada e admirada

Se hai unha persoa que ao longo dos séculos inspirarse a escritores –poetas e narradores– esa foi María Balteira. Da Idade Media ao nosos días o seu nome seduciu a todo tipo de creadores. A ela e á obra creada arredor dela dedicamos, a continuación, unhas breves liñas de homenaxe. Vida e obra de María …

Carvalho Calero: débeda saldada (e xa era hora!)

O día tres de xullo de 2018 a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda enviaba unha carta á Real Academia Galega solicitándolle que o Día das Letras Galegas de 2019 se lle dedicase a Ricardo Carvalho Calero. A carta remataba: É por todo iso que nos diriximos á REAL ACADEMIA GALEGA para pedirlle que salde unha débeda …

Fermín Bouza-Brey: escritor e investigador

Non é fácil que un autor ou autora pase á historia da literatura por ser o iniciador de algo: case que todo está inventado. No caso da literatura galega, sobre todo na época na que as Vangardas intentaban modernizala e adaptala aos ismos de moda, atopamos varios casos. Así, a nosa historia da literatura sempre …

Pura Vázquez: unha voz persoal

No Ourense da segunda década do século XX –cando a cidade era un fervedoiro cultural e galeguista– nace unha das voces poéticas máis persoais. Referímonos a Pura Vázquez. A ela dedicámoslle unhas breves liñas de homenaxe. Vida e obra de Pura Vázquez Como diciamos, Carmen Pura Vázquez Iglesias naceu en Ourense no ano 1918 e …

Xela Arias a diario

Na década dos oitenta –do século pasado– produciuse unha eclosión da poesía galega. Os autores que comezaron a publicar nesta década acadaron unha considerable difusión. Unha desas autoras que iniciou a súa andaina por eses anos foi Xela Arias. A ela, como homenaxe e recoñecemento da súa obra, dedicámoslle a continuación unhas breves liñas. Vida …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies