Calendario 2018

Mª Dolores Díaz Baliño, primeira muller na Academia Galega de Belas Artes, Ernestina Otero e a defensa do ensino, Ángela Ruiz Robles, a precursora do e-book, María Miramontes, unha vida tecendo a Patria, Ángeles Alvariño, precursora na investigación oceanográfica mundial, Sabela Barreto a primeira almiranta, Manuela Antonia Barreiro Pico, a primeira farmacéutica galega, Antonia Ferrín Moreiras, a primeira astrónoma galega, María Luz Morales, a primeira directora dun xornal, Cándida Otero, a primeira fotógrafa galega, María Áurea Rodríguez, a raíña da gaita galega e María Soliña, símbolo do sufrimento dun pobo.

Así pensamos este calendario para o ano que se achega, un calendario de pioneiras, de mulleres que foron imprescindibles no seu campo de traballo, estudo ou compromiso.

Mulleres diversas na época na que viviron, no campo no que traballaron, na estela que deixaron…

Para a portada, unha muller que participa, que traballa e cre na colectividade, unha muller pertencente ao Movimento Sem-terra do Brasil (Fotografía de Sebastião Salgado)
En recoñecemento de todas as mulleres valentes este calendario Mulleres 2018.

DESCARGA O CALENDARIO MULLERES 2018

 

E comezamos xaneiro con Lolita Díaz Baliño. Críamos que necesitabamos unha mirada sobre as mulleres nas artes “Para pór no seu xusto lugar o que aconteceu na Historia da arte, cada exposición debería ter un 99% de mulleres artistas, aínda que só nos próximos catrocentos anos”.

Lolita Díaz BaliñoLolita Díaz Baliño

En xaneiro de 1905 nace na Coruña a pintora Lolita Díaz Baliño. Pertencente a unha familia de artistas de fondas raíces galeguistas (irmá de Camilo Díaz Baliño e tía de Isaac Díaz Castro) desde moi nova comeza a pintar, obtivo unha bolsa da Deputación da Coruña (1929) aínda que non chegaría a gozar dela, ao renunciar á mesma por motivos persoais, foi profesora na Escola de Artes e Oficios da Coruña e tamén tivo unha academia na súa propia casa.

Lolita Díaz Baliño foi, sobre todo, unha gran debuxante e acuarelista.
Acuarela de Lolita Díaz Baliño
En 1926 participa na Exposición de Arte Gallego de Santiago de Compostela.

Exposición de Arte galega 1926

En 1929 participa na Exposición de Artistas Locales da Coruña.

No 1930 participa na Exposición na Sociedade de Amigos da Arte de Santiago de Compostela.

No 1934 é unha das participantes da Exposición de Artistas Femeninas na Asociación de Artistas da Coruña
Exposición de Artistas Femeninas

No 1935 participa na Sección de Bellas Artes do II Certame do Traballo de Galicia de Ferrol.

No 1936 participa na Exposición de Arte Moderna da Coruña.

Colaborou en numerosas publicacións:

Revista Céltiga de Bos Aires.

Revista Galicia Gráfica da Coruña.
Galicia Gráfica

Revista Ilustrada Mariñana.
Mariñana 1925

La Voz de Galicia.

A súa obra pode verse no Museo de Belas Artes da Coruña. A colección do Museo pertence As fadas do caracol.
As fadas do caracol

Tamén ilustrou libros como este da editorial NÓS, Cantigas e verbas ao ar de Xulio Siguenza (1928)
Cantigas e verbas ao ar

 

Bibliografía: Pereira Bueno, Fernando. A presenza das mulleres pintoras na arte galega: 1858-1936. Edicións do Castro 2004

Deixa un comentario

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies