Carvalho Calero visto por Fernández del Riego

“A lingua e a literatura son mesmamente inafastables…A lingua vén ser a expresión cultural máis completa dun país.”

(Francisco Fernández del Riego)

Historia da Literatura - Fernández del Riego

Na Historia da literatura (Editorial Galaxia, Vigo 1984), Francisco Fernández del Riego –Letras Galegas 2023– sinala que a súa é unha obra sinxela, encamiñada a servir de orientación a quen sintan a curiosidade de coñecer, en panorámica, o proceso histórico das letras galegas. A pesar da brevidade e sinxeleza e do manual, o autor homenaxeado coas Letras Galegas de 2023 dedícalle a Ricardo Carvalho Calero bastantes liñas.

Expo Carvalho Calero

Para Francisco Fernández del Riego, a figura do autor ferrolán é sen dúbida unha das máis relevantes da xeneración do 36. En todos os xéneros, deu expresivas probas do seu talento.

No tocante á obra poética de Carvalho Calero, Fernández del Riego sinala:

“Pero o seu mellor labor poético realizouno na fala vernácula, traducíndoo nos seguintes volumes: Vieiros, O silenzo axionllado, Anxo de terra, Poemas pendurados dun cabelo, e Salterio de Fingoy. Co primeiro deles revelou a peculiaridade do seu acento: un axustado equilibrio entre as correntes que eran novas na época da súa aparición, e a ascendencia clásica da propia poesía galega. Trátase dun feixe de poemas de intelixente feitio, nos que agroma un alento fondo, dun certo gosto elexiaco e amargurado. O verso é decote nidio e exacto (…) En calquer caso, na poesía deste escritor as maiores rebeldías de conceito péchanse nos moldes cincelados das estrofas finamente construidas. Influiron nela lonxanas lembranzas de poetas casteláns e franceses coetáneos, a cuio tono se achegou Carballo Calero cunha voz de seu. Tense dito que é un poeta de forte intelixencia, e que a súa emoción non responde a aguilloamentos sensoriais, sinón a sentimentos estéticos nos que alenta a beleza co– mo derradeira categoría intelectual. Mais, de todos xeitos, compre afirmar que a obra poética deste autor descobre unha expresiva orixinalidade.”

Expo Carvalho Calero

Sobre a narrativa de Ricardo Carvalho Calero, Francisco Fernández del Riego afirma:

“Ricardo Carballo Calero foi o primeiro que, despois dos novelistas da xeneración anterior, fixo novela en galego. A súa Xente da Barreira, coa que se estrenou no eido narrativo, ven ser un estudiado cadro da vida petrucial do país, descrito cun estilo sobrio e enxebre. O fondo do cadro sitúase no pasado século, no que decorre animadamente a historia dnha familia campesiña. Con ambientación realista, conta Carballo, nunha lingua ben axeitada, os avatares do vello solar a través dos anos; ate que a ventanía do tempo, as ausencias e as partillas dos eidos, con outras adversidades, desartellan a vella facenda e eslíen a tradición familiar.”

Expo Carvalho CaleroNa súa Historia da literatura, Fenández del Riego tamén se ocupa do teatro de Carvalho Calero:

“4 Pezas, de Carballo Calero, abrangue: Farsa das zocas, A sombra de Orfeo, A arbre, e Auto do prisioneiro. A primeira inxírese na temática de inspiración popular, pero cun sentido anovador moi alonxado do trasnoitado sainete rural de tipo realista. A comedia seguinte abeira problema de psicoloxía erótica e profesional, tratando cunha especial atención os puntos de cruce de ambas liñas de comportamento humano. A terceira ven ser como un misterio no que se replantea o problema, condiciona– do pola cultura, da relación natural entre home e muller. No derradeiro auto –quezais o de máis valor teatral do volume– crúzanse moitos motivos; entre eles parece fundamental o da insatisfación metafísica do home, prisioneiro sempre, sempre isolado. Nun libro posterior, Teatro completo, ademais das devanditas, inxeriu o autor catro pezas mais.”

Expo Carvalho Calero

A obra ensaística de Ricardo Carvalho Calero aparece, igualmente, analizada na obra de Francisco Fernández del Riego:

A Historia da Literatura Galega Contemporánea foi a primeira obra que se fixo verbo do periodo sobre que versa, e que se extende desde a Guerra da Independencia ate os nosos días. Aparece nela, sistematizada con rigor, pulo e maestría, a nosa literatura do pasado século. Contén unha chea de datos inéditos e, desde logo, un aparato bibliográfico, extraordinariamente abondoso. Pero a erudición xurde combinada coa critica, de xeito que os aspectos estilisticos e as imbricacións históricas das realizacións literarias están desenvoltas con amplitude. Nes– tas páxinas amósase o autor como historiador de cabal formación humanistica, como critico de equilibrado xuicio e como teimoso home de pescuda na precura do dato preciso. Puido artellar asi unha Historia da nosa Literatura, da que non existian precedentes, e que resulta de consulta obrigada para quenes tenecionen coñecer o proceso das letras galegas desde as horas iniciais do seu rexurdimento.

Carvalho Calero

Ademais de estudar a obra literaria de Ricardo Carvalho Calero, Francisco Fernández del Riego –Letras Galegas 2023– na súa Historia da literatura cita continuamente a opinión do estudoso ferrolán sobre distintos autores.

Deixa un comentario

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies