“Puxen o mayor coidado, en reprodusir ó verdadeiro esprito d’ ó noso pobo” (Rosalía) “Co lapis ou a pluma só quixen ser un intérprete fiel do meu pobo, das súas dores e das súas esperanzas” (Castelao) Os estudosos sempre sinalan que Rosalía e Castelao simbolizan a comuñón co pobo galego. Carvalho Calero afirma: Castelao, como …
“Nimbos veu restaurar na literatura galega a poesía total” (Carvalho Calero) Hai autores que cunha soa obra publicada conseguiron pasar á historia da literatura gañando o respecto e a valoración dos estudosos e mesmo sendo referentes para outros autores posteriores. Un deses casos é o de Xosé María Díaz Castro co seu único libro de …
“Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño” (Mahatma Gandhi) Presento a testimuña dos aldraxes e doume ao medo dos primeiros homes que acenderon lumieiras nos curutos e creeron na libertá dos soños. (Celso Emiilio Ferreiro) O día 30 de xaneiro de 1948 morría asasinado Mahatma Gandhi, incansable loitador pola igualdade e …
“con Castelao chegou a eisistir con personalidade propia nas artes plásticas.” (Emilio González López) Como sabemos, Afonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, 1886 – Bos Aires, 1950) é un referente en todas as facetas das que poidamos falar. Considerado o pai e símbolo do nacionalismo galego, a súa obra de creación é multixenérica: narrador, ensaísta, …
Unha morte: a de Rosalía de Castro Rosalía morría –aos 48 anos de idade– na casa da Matanza, en Padrón, o día 15 de xullo de 1885. Ao día seguinte, 16 de xullo, era soterrada no cemiterio da Adina –en Iría Flavia– e o 26 de maio de 1891 os seu restos eran sepultados definitivamente …
“…abrimos as portas a quen queira traballar connosco, porque somos xente de acción…” Fundada no ano 1976, a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda ten como obxectivos prioritarios a defensa da lingua e da cultura galegas. Vivimos tempos difíciles para todo o mundo e para todas as actividades. Pero, durante estes meses de pandemia, vimos e escoitamos …
Facemos este calendario co compromiso de traballar para dar visibilidade ao traballo realizado por mulleres e coa firme esperanza de que no 2021 poidamos convivir nun mundo onde as mulleres “sexamos socialmente iguais, humanamente diferentes e totalmente libres”. (Rosa Luxemburgo) Xaneiro MARUXA MALLO Na véspera do día de Reis de 1902 nace en Viveiro a …
Cuspamos irmá sobre as espadas da morte! Este 25 de Nadal deixounos un home vitalista, poeta, ensaísta, home de radio, articulista, artista plástico, dinamizador cultural, tamén músico, mais sobre todo home de teatro, actor, director, dramaturgo, actor de dobraxe… Inmensa fortuna a nosa ter gozado con el/e grazas a el da cultura: desde o teatro …
“Como se a morte viñese cada nove ondas” No pregón da Praza dos Libros de Carballo –o día 6 de xullo de 2017– o escritor Manuel Rivas afirmaba: “Paco Souto pertencía, pertence, á nosa mellor estirpe, a estirpe da xente ceibe, dos ceibes solidarios” O día 30 de marzo de 2017 o mundo cultural e …
Cand’era tempo d’inverno Pensaba en dond’estarias (Rosalía) Van pasando os días e as estacións –o tempo non se detén– e seguimos vivindo condicionados de tal forma que case parecen axeitados os versos de Rosalía: Mais son prob’ e mal pecado, A miña terra n’ é miña, Qu’ hastra lle dán de prestado A veira por …