Nesta casa –número 12 da rúa Panadeiras– da Coruña naceu a actriz María Casares en 1922. Filla do avogado e político Santiago Casares Quiroga –foi ministro da II República Española durante o goberno de Azaña–, María Victoria Casares Pérez triunfou en Francia como actriz, onde residía como exiliada. Tiña 14 anos cando chegou a París …
Este monolito no Paseo das Ciencias –no Parque de Santa Margarida da Coruña– rende homenaxe á matemática e investigadora María Josefa Wonenburger Planells. Nada en Montrove (Oleiros) en 1927, foi –como sinala a placa– unha “muller pioneira, destacada matemática que creou unha importante escola internacional de Álxebra”. Tras cursar os estudos secundarios no Instituto Eusebio …
Este colexio da zona do Ventorrillo na Coruña leva o nome da pedagoga, escritora e profesora María Barbeito. Unha boa homenaxe a unha docente é darlle o seu nome a un colexio, neste caso, CEIP María Barbeito. Nada na Coruña en 1880 e logo de cursar a carreira, María Nicolasa Paula Barbeito Cerviño escolleu como …
O protagonismo da construción que os romanos levantaron na Coruña foi e é tan grande que deu lugar –durante séculos– ao nome do lugar. Para Gonzalo Navaza –”A orixe literaria do nome da Coruña”, 2016–: “Durante centos de anos, e ata o século XIII, a vila e o porto que son hoxe A Coruña foron …
Cando en 1916 se crean as Irmandades da Fala na Coruña, os irmáns Vilar Ponte e as irmás Chao Maciñeira teñen un gran protagonismo. Será Antón Vilar Ponte –casado en 1913 con Micaela Chao Maciñeira e nados os dous en Viveiro– quen o 18 de maio de 1916 convoque unha xuntanza –á que asistiron arredor …
A escultura da Praza do Humor da Coruña rende homenaxe ao escritor Wenceslao Fernández Flórez. Nado na Coruña en 1885, publicou arredor dunhas corenta novelas e libros de relatos de humor, caracterizados estes por un humor con moita retranca. Nos Xardíns de Méndez Núñez –enfronte do edificio da Terraza– atopamos outro monumento dedicado a Wenceslao …
Esta concorrida rúa da Coruña –na que se atopa o Estadio de Fútbol de Riazor– leva o nome dunha das persoas máis relevantes e influentes do Rexurdimento e das primeiras décadas do século XX: o historiador Manuel Antonio Martínez Murguía. Nado no Froxel (Arteixo) en 1833, Murguía casa con Rosalía de Castro en Madrid, en …
“Mais, como demostrou o temporal destes días de novembro, esta segue a ser a Cidade do Vento. Como tal, en todas as representacións antigas, os outeiros da Coruña aparecen cheos de muíños de vento” (“A Cidade do Vento”, Contos da Coruña, de Xurxo Souto) Porque como segue afirmando Xurxo Souto: A Coruña, na súa península, …
O 23 de decembro de 1999 falecía na Coruña o escritor Jenaro Marinhas del Valle. Nado na mesma cidade o 25 de novembro de 1908, os seus restos descansan no cemiterio de Santo Amaro da Coruña. Colaborou coas Irmandades da Fala, co Partido Galeguista –Fundou a Mocidade Galeguista da Coruña–, participando na campaña a favor …
Esta rúa da cidade da Coruña –na zona coñecida como Cidade Xardín– homenaxea o arquiveiro, historiador e editor do rexurdimento galego Andrés Martínez Salazar. Sen dúbida, unha figura relevante da nosa cultura. Nado en Astorga (León) en 1846, tras acadar o título de Arquiveiro–Bibliotecario, pasou a dirixir o Arquivo Histórico de Galiza da Coruña en …