A antiga Gallaecia, unha verdadeira academia de linguas

Con moita frecuencia, as lendas enverédanse coas realidades históricas máis lonxincuas para daren conta da orixe das nacións ou para construíren símbolos identitarios dos pobos. Ás veces, os estudos desenvolvidos por especialistas en historia e en arqueoloxía contradín parcial ou totalmente as percepcións populares no tocante ao percurso histórico dos países. De calquera modo, non …

Noite de San Xoán (Veremos bailar o sol)

  Salto por riba do lume de san Xoán para que non me trabe cadela nin can. Nestes tempos que corren, igual o de menos é que nos trabe unha cadela ou un can. Vivimos día a día situacións e experiencias que parecen únicas e o futuro ofrécesenos con incertezas. Pero aí está a tradición …

O virus da lingua

Desde o mes de marzo acompáñanos un visitante que alterou e mudou –en grande medida– as nosas vidas. Tamén a nosa lingua. O chamado COVID–19 impuxo a súa lei con tanto rigor e éxito que dous meses despois –14 de maio de 2020– a Real Academia Galega xa admitía no seu Dicionario a palabra coronavirus. …

Rosalía: de Adina a Bonaval

Parece ser que polo menos desde 1883 Rosalía viviu no lugar da Matanza (Padrón), onde a familia alugou unha casa. Nela fina a autora –aos 48 anos de idade– o día 15 de xullo de 1885. Ao día seguinte –16 de xullo–, é soterrada no cemiterio de Adina, en Iria Flavia, camposanto ao que ela …

Carvalho Calero no 2021 e Luísa Villalta no 2022

Con Ricardo Carvalho Calero confinado –por segunda vez– e na espera da homenaxe merecida –que desexamos continúe para o ano 2021, como piden moitas organizacións e institucións– podemos ir pensando nas Letras Galegas despois de Carvalho. Soe ser no mes de xuño cando o plenario da Real Academia Galega escolle a figura homenaxeada no Día …

Carvalho Calero: reflexións sobre a lingua

Moito ten reflexionado Ricardo Carvalho Calero sobre a literatura galega e sobre a nosa lingua. Centrándonos na lingua, deixou escritas páxinas e páxinas onde amosa a súa preocupación polo futuro do galego, pola súa normativización e pola súa normalización. A continuación –como homenaxe a estas preocupacións do autor ferrolán– traemos aquí algunhas desas reflexións, algunhas …

A lingua das letras

Estamos no mes de maio e o protagonismo cultural é, chegado este tempo, para as Letras galegas, en xeral, e para as literarias en particular. Temos unha abondosa literatura de creación, autoras e autores que traballan e fan arte cunha ferramenta que ten séculos de historia, que se foi modelando co paso do tempo: a …

Bases do II Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda convoca o II Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle. Os orixinais estarán escritos en galego e a temática será libre. As obras presentadas terán un máximo de 10 folios, en tipo de letra Times New Roman, e cun tamaño de letra de 12; ou ben mecanografados a dobre espazo. Establécense un …

Música en galego, na proa!

Entre os nosos sinais de identidade, a lingua e a música que pasou de xeración e xeración constitúen dúas das nosas tarxetas máis significadas diante do mundo. Galiza non sería a mesma sen a súa lingua e non o sería tampouco sen a súa historia musical. Para alén da música con base tradicional que se …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies