Xabier P. DoCampo nas voces da amizade

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e a Asociación Cultural Alexandre Bóveda (ACAB) organizan unha homenaxe a XABIER P DOCAMPO escritor e mestre, namorado do cinema, guionista e director de programas de radio, contador oral, activista da renovación pedagóxica e da causa da dignidade da lingua galega. Actividades diversas para dar …

Gonzalo López Abente

No tránsito do século XIX ao século XX a crítica literaria fala dunha xeración sen demasiada coherencia de grupo e sen angueiras comúns. Deixamos atrás o Rexurdimento e antes da Xeración Nós e das Vangardas, os estudosos sitúan a chamada Xeración de Entre Dous Séculos. Estes autores –entre os que estarían Antonio Noriega Varela e …

Antón Avilés de Taramancos. Poeta

Pido que se me enterre en Boa, na sepultura onde está meu pai. Hai unha lápida de pedra… Pido que ela me cubra, e que se poña a seguinte inscripción: ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS. POETA A segunda metade do século XX vai coñecer unha xeración de autores que serán figuras destacadas e fundamentais das nosas …

Frei Martín Sarmiento, o ilustrado defensor do galego

Despois da brillante Idade Media para as nosas letras, tras anos –séculos– de escuridade para a lingua escrita, levántanse as primeiras voces para denunciar unha situación paradoxal: unha poboación que maioritariamente falaba en galego, pero que para a escrita intentaba impoñérselle o castelán. Unha desas voces que reivindicou e defendeu o uso da nosa lingua …

Mulleres sen Cancelas

  Sempre houbo mulleres insignes en Galicia. En todos os tempos, en todos os campos, baixo todas as luces. Cada unha brilla con luz propia e deixa tras de si luminoso ronsel… Seguir camiños que outras abriron para nós mais tamén abrir camiños novos para por eles andar con paso firme é o que …

Otero Pedrayo, arredor de nós

Nas primeiras décadas do século XX aparece un grupo xeracional que se pon á fronte da dirección ideolóxica do galeguismo e que, colectivamente, comeza o labor de artellar os órganos e institucións precisos para a rexeneración da cultura e da sociedade, seguindo a doutrina política do nacionalismo galego. Hai nesta época unha serie acontecementos que …

Elas contan

Esta é unha colección contra a desmemoria, MULLER(ES) DE PALABRA, para coñecer e (RE)coñecer o traballo, o compromiso, o pensamento de mulleres galegas que puideron brillar con luz propia e deixar tras de si un luminoso ronsel, mais que o momento que lles tocou vivir opacou a súa figura e o seu traballo. En agosto …

Rosalía, no bico un cantar

Do mar pola orela mireina pasar, na frente unha estrela, no bico un cantar. (Curros Enríquez) Os versos do inicio –de Curros– están dedicados a Rosalía. Dela é ese “ bico” do poema. De Rosalía. Sen necesidade de máis apelidos para identificala. Poucos autores e autoras haberá que recoñezamos só co nome. E, é que …

Luís Pimentel, o médico poeta

Non son infrecuentes nas distintas literaturas os casos dos médicos escritores. Dise que o seu contacto con drama da vida humana –nacemento, enfermidades, morte– os converte en observadores privilexiados deses sentimentos. Tamén se fala de que quizais a literatura -escribir- sexa unha vía de escape da que se poida sentir necesitado o médico. Sexa como …

O Tío Marcos d’a Portela: un dos primeiros xornais en galego

Contar con medios de comunicación na nosa lingua é fundamental para a normalización lingüística e cultural de Galiza. Ese foi e segue a ser un obxectivo aínda pendente por cumprir. Ata finais do século XIX, o uso do galego na prensa era practicamente anecdótico: algunha colaboración literaria –sobre todo, poéticas–, algunha sección de carácter satírico …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies