A avoa Maruxa

O Real Decreto do 23 de xullo de 1918, establecía que para acceder ao permiso de conducir había que dispoñer de: Certificado médico que demostrara as suficientes capacidades auditivas e visuais. Certificado de boa conduta. Ter entre 18 e os 77 anos. Os menores de idades e as mulleres tiñan que ter autorización paterna ou …

8m

NA CASA DA AVOA amoreábanse as redes cada día as mulleres sentaban no chan e tensaban o aparello prendendo un extremo entre as dedas dos pés   as nenas bulían ao redor sen decatarse de que nos xogos ían tecendo o seu futuro coma se Minerva as maldixese a elas que non ousaran rivalizar coa …

Aquí bastamos nós! As revoltas das mulleres, 1918

Imos contar un relato, unha historia de hai CEN anos, unha historia non contada, unha historia de Revoltas, unha historia de desigualdade e equidade, unha historia de REBELDÍA, unha historia de Insurrección, unha historia de Sublevación… Unha historia de mulleres   CARA A 1. As revoltas ou motíns de subsistencia, accións tumultuosas contra a carestía …

Día internacional da muller e a nena na ciencia

“Pierden el tiempo, el dinero y algo más, que siempre constituyó la mejor aureola de las damas, las familias que tienen el mal gusto de dedicar a sus hijas al manejo del bisturí o a los trabajos de laboratorio” (La farmacia moderna, publicación da Real Academia Nacional de Farmacia, 1897). O 11 de febreiro é …

Somos porque outras foron

Corría o ano 1918 e na Galiza estaban a ocorrer feitos de grande transcendencia. No mes de marzo, por exemplo prodúcese en Ferrol unha folga de mulleres; estas folgas de consumos xa se tiñan producido no país en anos anteriores e tamén nesta ocasión son as mulleres as que se poñen á fronte do conflito …

Ler non serve para nada

Porque os libros, dalgunha maneira, deséxannos. Chámannos. Abrámolos, pois. Escoitemos esa chamada. Había unha vez… Foi daquela cando… Dicía Scherezade… (Xavier Seoane) @s lector@s somos unha tribo amadora e resistente, sempre a facer apoloxía, falando de libros ou falando do desexo e gozo da lectura. Así que imos animarvos hoxe a que nestes días de …

Calendario 2018

Mª Dolores Díaz Baliño, primeira muller na Academia Galega de Belas Artes, Ernestina Otero e a defensa do ensino, Ángela Ruiz Robles, a precursora do e-book, María Miramontes, unha vida tecendo a Patria, Ángeles Alvariño, precursora na investigación oceanográfica mundial, Sabela Barreto a primeira almiranta, Manuela Antonia Barreiro Pico, a primeira farmacéutica galega, Antonia Ferrín …

Mellorando a lingua

Se xa sempre falas galego, mais sabes que che cómpre mellorar o vocabulario, as construcións, ou que hai moitos castelanismos que tes que desbotar… aí vai o noso agasallo! O curso de galego Mellorando a lingua da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. Logo de ver os catro planos que trata (ortográfico, fónico, morfosintáctico, semántico-lexical, pragmático-textual), o …

Cantar na Coruña. Cancioneiro coruñés dos séculos XVIII e XIX

Xosé Manuel Sánchez Rei presenta a súa obra Cantar na Coruña. Cancioneiro coruñés dos séculos XVIII e XIX editado por Laiovento. Unha edición de máis de catrocentos cantares tradicionais galegos. Foron compilados durante os séculos XVIII e XIX, na súa maioría na comarca da Coruña, e van precedidos dun estudo introdutorio de forma a situalos …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies