Entre os sinais identitarios do pobo galego, a música de transmisión xeracional constitúe, xunto coa lingua, unha das súas cartas de presentación máis significadas. Afirmarmos que o noso país non sería o mesmo sen o idioma galego, as rías, as paisaxes do interior ou a gastronomía implica tamén, por súa vez, repararmos en que tampouco …
Imos contarvos unha historia de ficción, non crible, sabémolo. Esta historia vai dunha muller. Supoñamos que se chama FH. FH nace na 2ª metade do século XIX. Neta dun famoso banqueiro local, pertence a iso que chamamos burguesía acomodada. Como unha muller do seu tempo e clase social é educada nos principios tradicionais e nunha …
Hai unanimidade na crítica literaria en considerar a Xosé Neira Vilas como un clásico da literatura galega. De Memorias dun neno labrego (1961) sempre se di que é un dos libros máis editado, vendido e lido. Sobran razóns para dedicarlle unhas breves liñas ao autor de Gres, aproveitando que nacía por estas datas: un 3 …
Se me rondan, que me ronden, eu non quero ser rondada, pois digo unha vez que non, non quero ser porfiada. Algúns dos cantos tradicionais galegos teñen sona de posuíren un marcado verniz misóxino, o que, sendo certo, constitúe unha característica común con outros cancioneiros hispánicos de orixe popular. No caso da Galiza, que é …
APROBADA A MOCIÓN PRESENTADA POLA AGRUPACIÓN CULTURAL ALEXANDRE BÓVEDA A petición da AC Alexandre Bóveda, o Pleno de hoxe, venres 26 de outubro, da Deputación da Coruña vén de aprobar, coa abstención do Partido Popular, iniciar os trámites para mudar o nome do IES Calvo Sotelo, dependente desta Deputación. Os grupos que apoiaron a moción, …
No ano 1768 publícase a Real Cédula de Aranjuez asinada polo rei Carlos III. Esta orde impón o uso do castelán en calquera actuación pública, oficial, e, en concreto, no ensino. Paralelamente, na Galiza, os ilustrados P. Feixoo e P. Sarmiento defenden e reivindican nos seus escritos o uso do galego no ensino: “Es una …
Hai vilas en Galiza que aportaron á nosa literatura varios e importantes escritores. É como se eses lugares favorecesen a inspiración. Se Rianxo foi o berce de Castelao, Dieste e Manuel Antonio; Celanova deunos a Curros e Celso Emilio. Pois ben, o día 19 de outubro de 1869 nacía noutra desas vilas que son un …
O 12 de outubro para a cultura galega significa lembrarse da creación dunha institución que, nas primeiras décadas do século XX, contribuíu á normalización lingüística e cultural de Galiza. Referímonos ao Seminario de Estudos Galegos (SEG). Desde aquí queremos homenaxear nestas breves liñas a uns homes e mulleres que tiñan moi claro o papel e …
“Non canta na Chá ninguén Por eso, meu carro canta” Cantou. Vaia se cantou, o carro de Manuel María. Moito e ben. O poeta, nado en Outeiro de Rei o día 6 de outubro de 1929, describía a Terra Chá como: “un pobo aquí, outro acolá, mil arbres, monte raso, un ceo chumbo e tráxico …
A AC Alexandre Bóveda denuncia a terxiversación que o Goberno do Partido Popular fai da nosa historia e das figuras de Castelao e Bóveda. Recibir a Derradeira leición do mestre sen mencionar a represión fascista, os asasinatos franquistas é ocultar que esta obra de Castelao se inspira directamente na estampa de Galicia mártir (Valencia, 1937) …