Muller(es) de palabra

No ano 1942 a Irmandade Galega de Arxentina, presidida por Castelao, decidiu instituír, coincidindo co aniversario do fusilamento de Bóveda (o 17 de agosto de 1936) o día da Galiza Mártir porque, con palabras de Castelao, “Os que mataron a Bóveda mataron unha Galiza chea de luz, pero nós crearemos outra nova e entón o …

Colmeiro, renovador da pintura galega

No primeiro terzo do século XX prodúcese a renovación da pintura galega da man de Carlos Maside, Laxeiro, Arturo Souto, Luís Seoane, Fernández Mazas e Manuel Colmeiro, entre outros pintores. Son os chamados “Novos” ou “Renovadores”. A continuación, dedicámoslle unhas breves liñas a Manuel Colmeiro Guimarás de quen o día 7 de agosto cúmprense cento …

Maxina ou a filla espúrea, a primeira novela galega

O día 28 de xullo de 1880 comezou a publicarse, por entregas, a que é considerada a primeira novela galega contemporánea, Maxina ou a filla espúrea, de Marcial Valladares. Desde aquí lembramos brevemente este acontecemento nun ano, 1880, que no que tamén houbo outros fitos salientables. É o caso da publicación de Follas novas, de …

Día da Patria Galega

As orixes da celebración do DÍA DA PATRIA remóntanse a novembro de 1919, cando se celebrou en Compostela a II Asemblea Nazonalista das Irmandades da Fala, que acordan celebrar o Día Nacional de Galiza o 25 de xullo do ano seguinte. A data escollida non era do agrado de todos por coincidir cunha festa relixiosa. …

Xaquín Lorenzo, Xocas: estudoso da nosa memoria

O 19 de xullo de 2019 cumpriranse trinta anos da morte dunha das persoas máis preocupadas por estudar o noso pasado, a nosa memoria como pobo: Xaquín Lorenzo, Xocas. Desde aquí dedicámoslle unhas breves liñas á súa lembranza. Vida e obra. Xaquín Lorenzo naceu o 23 de xuño de 1907 en Ourense, na rúa da …

O Estatuto do 36

“Quen non ten liberdade para gobernar a súa casa é un escravo ou un incapaz” (Enrique Rajoy Leloup). Entre 1931 e 1945 desenvolveuse un intenso proceso en favor do recoñecemento nacional da Galiza, a partir da aprobación dun “Estatuto de Autonomía”. Tratábase de darlle corpo legal ao país, contando cun Parlamento propio; recoñecendo legalmente o …

Reveriano Soutullo: “Ponteareas”

Agora que é tempo de verán, que cada parroquia de Galiza celebra unha festa e unha romaría, chegou o momento de lembrar que o día 11 de xullo de 1884 nacía o autor dunha das pezas que soa por toda a nosa xeografía. Non hai banda de música que se prece, que non teña no …

Carvalho Calero, traballo e compromiso con Galiza

Poucas persoas na cultura galega de todos os tempos levaron unha vida tan densa e austera, completamente dedicada a traballar por Galiza e a súa cultura, e ao mesmo tempo tiveron que loitar contra o esquecemento e a marxinación como lle pasou e pasa a Ricardo Carvalho Calero. Tardaremos en pagar a débeda que temos …

Xoán Manuel Pintos, o precursor

O día 29 de xuño de 1876 morría en Vigo, aos sesenta e catro anos, Xoán Manuel Pintos. Nado en Pontevedra e considerado un precursor do Rexurdimento –eses autores que cando Rosalía publicou Cantares gallegos, en 1863, eles xa tiñan algunha obra publicada–, Pintos pertence á primeira xeración provincialista. Será a súa obra, A gaita …

Máis Alá!, o manifesto das vangardas galegas

Os movementos de vangarda, no primeiro terzo do século XX, propoñían unha ruptura formal e temática co que se viña facendo, unha renovación artística en todos os campos. Para expresar as súas ideas estéticas, estes movementos vangardistas utilizaron un subxénero literario denominado manifesto. Características deste subxénero son o uso da provocación e o intento de …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies