Equiparar vítimas e verdugos

Señor presidente do Parlamento de Galiza. Señoras e señores portavoces dos grupos parlamentarios. O pasado día 7 de xuño, as asociacións memorialistas galegas asinantes deste escrito, asistimos convidadas a un acto no Parlamento de Galiza de homenaxe a Alexandre Bóveda e ás vítimas galegas do franquismo, baixo o título “Concordia, paz, liberdade”. Alén que as …

Luísa Villalta: Letras Galegas 2024

A Real Academia Galega –en pleno celebrado hoxe, 29 de xuño– acordou homenaxear a Luísa Villalta co Día das Letras Galegas de 2024. Cando se cumpran vinte anos do seu falecemento, a socia de honra da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda vai ter o recoñecemento merecido. En varias ocasións, a nosa Asociación dirixiuse á Real Academia …

Francisco Fernández del Riego: Letras Galegas 2023

A Real Academia Galega escolleu para homenaxear co Día das Letras Galegas de 2023 a Francisco Fernández del Riego. Nado en Vilanova de Lourezá (Lugo) en 1913, foi fundador de Galaxia (1950) e presidente da Real Academia Galega entre 1997 e 2001. A continuación, transcribimos algúns fragmentos da obra de Francisco Fernández del Riego. TEXTOS …

Semente Corunha: máis ca unha escola

Representantes da coordinadora de Semente Corunha –asociación cultural sen ánimo de lucro dedicada á creación dun espazo socio–cultural e pedagóxico en galego na contorna coruñesa– estiveron na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda presentando o seu proxecto educativo dedicado á etapa infantil (2–6 anos). Semente Coruña, que forma parte do proxecto Semente GZ, traballa tendo en conta …

Fernández del Riego na Real Academia Galega

“A lingua vén ser a expresión cultural máis completa dun país” (Francisco Fernández del Riego) Francisco Fernández del Riego –Letras Galegas 2023– foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega o día 4 de abril de 1948. O 22 de maio de 1960 foi nomeado membro numerario. Será o día 26 de novembro dese mesmo …

Urbano Lugrís: 50 anos despois

Fillo de Manuel Lugrís Freire –un dos fundadores da Real Academia Galega– e da pianista Purificación González, Urbano Lugrís González –tamén coñecido como Ulises Fingal– naceu na Coruña en 1908 e faleceu en Vigo en 1973. O 23 de decembro deste 2023 cúmprense cincuenta anos do falecemento do grande pintor coruñés. Unha boa data para …

Ciclo “O Románico: Galiza na vangarda”

Ciclo O Románico: Galicia na vangarda. Primavera 2023 Bloque I: os luns de Marzo a partir do día 13 ás 19.30 Bloque II- Abril luns 10 de abril e sábado 15 de abril Na Coruña Literaria fixámonos moito no Mapa Mundi do Beato do Burgo de Osma (circa 1086), unha obra que xunta arte e …

ERGA: Máis ca unha organización estudantil

A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda vén de acoller a presentación do caderno que conmemora o 50 aniversario do nacemento de Estudantes Revolucionarios Galegos (ERGA). Publicado pola Fundación Galiza Sempre, o caderno pretende lembrar e pór en valor a importancia que ERGA tivo na construción da arquitectura de autoorganización do pobo galego, así como o seu …

Murguía. Un século despois

Cúmprense cen anos do pasamento –2 de febreiro de 1923– de Manuel Murguía. A primeira palestra no noso novo local –rúa Santo André, nº 36, 1º– tivo como tema o inxente traballo deste intelectual ao servizo de Galiza. Presentado polo profesor e presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza S.A. Xoán Costa –que dixo …

Presentación do proxecto A Coruña Literaria

CIDADE TATUADA NA PÉTREA PEL DO MAR A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña vén de presentar na biblioteca do Circo de Artesáns o proxecto A CORUÑA LITERARIA. Comeza hoxe un camiño no que levamos meses traballando e que queremos dar a coñecer para buscar apoios e poder así contar A Coruña, como cidade da …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies