Libros, bibliotecas, A Coruña Literaria

Un dos traballos nos que andamos metidos na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda é en poñer o foco e visibilizar todo o que A Coruña ten feito arredor do libro e da lectura, xa que queremos ser unha das Cidades da literatura do mundo. A Coruña Literaria é o proxecto no que levamos xa un tempo …

Centenario. 1923-2023

Contra a desmemoria e o esquecemento, sabedoría e cultura. Saber da nosa historia e da nosa xeografía; da nosa literatura e da nosa música; saber de nós e do noso. Facer memoria para saber máis do pasado, saber que antes ca nós xa houbo xente loitando polos mesmas arelas que hoxe nos moven. No 2023 …

Mateo, a maxia e a república galega

Que Galiza foi un Reino é algo que hoxe non ofrece dúbida. En realidade o primeiro reino medieval do que sería o xerme dunha Europa que no seu occidente estaba a piques de ver a caída do imperio romano. As estruturas do poder e a territorialidade estaban mudando e unha nova relixión, oficial desde había …

Ano novo, casa nova

Miña casiña, meu lar, Cantas onciñas D’ ouro me vals!   (Rosalía de Castro) Ano novo, casa nova. Dezaoito anos levabamos a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda na rúa Olmos da Coruña. Alí, no primeiro andar, do número 16–18, intentamos cumprir os obxectivos que ten a nosa asociación –fundada en 1976– e  que se refiren á …

Calendario 2023

Neste 2023, estamos a festexar o centenario dunha empresa científica xigantesca, o SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS. O 12 de outubro de 1923 estudantes e profesores da Universidade de Santiago de Compostela fundan, na casa na que vivira Rosalía de Castro en Ortoño, o Seminario de Estudos Galegos (SEG). O SEG nace co obxectivo de elevar …

Crítica do marco da “España vacía”

Para rematar o ciclo Pensando o Futuro, este luns, 19 de decembro, tivemos na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda a palestra de Helena Miguélez–Carballeira: “Desposuimento e trauma na cultura galega contemporánea: cara a unha crítica do marco da “España vacía””. Catedrática de Estudos Hispánicos na Universidade de Bangor (Gales), Helena Miguélez–Carballeira é autora do libro Galiza, …

A intelixencia artificial nas nosas vidas

Dentro do ciclo Pensando o Futuro, tivemos a oportunidade de escoitar a palestra de Hugo López Fernández sobre o impacto da intelixencia artificial nas nosas vidas: pasado, presente e futuro. Investigador no grupo de Sistemas Informáticos de Nova Xeración (SING), profesor axudante doutor no Departamento de Informática da Universidade de Vigo, Hugo López tamén é …

Carvalho Calero visto por Fernández del Riego

“A lingua e a literatura son mesmamente inafastables…A lingua vén ser a expresión cultural máis completa dun país.” (Francisco Fernández del Riego) Na Historia da literatura (Editorial Galaxia, Vigo 1984), Francisco Fernández del Riego –Letras Galegas 2023– sinala que a súa é unha obra sinxela, encamiñada a servir de orientación a quen sintan a curiosidade …

I Asemblea Nacionalista (104 aniversario)

A Plataforma Vía Galega –da que forma para a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda– convocaba este sábado unha campaña extensiva para izar bandeiras galegas por todo o país, coincidindo co 104 aniversario da Asemblea Nacionalista Galega. Na Coruña, o acto –conducido por Isabel Risco– tivo lugar no Paseo do Parrote, diante da muralla do Xardín de …

Himno e bandeira: símbolos nacionais de Galiza

A Plataforma Vía Galega vén de editar o caderno Símbolos nacionais de Galiza. O himno e a bandeira. Os autores do traballo son Manuel Ferreiro, catedrático de UdC, máximo especialista e investigador do noso himno e da obra de Eduardo Pondal, e Xoán Costa, profesor, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza e investigador …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies