Un poema para agosto (VI): Xavier Seoane Rivas

Xavier Seoane Rivas (A Coruña, 1954) publicaba en Dársenas do ocaso ( 2002) o poema “A Patria”. Nos seus versos amósanos e que é e non é para el a patria. A PATRIA   Pregúntasme o que eu penso da patria.   A patria, para min, é o olor a brea, as abellas voando sobre …

Un poema para agosto (V): Álvarez Cáccamo

Xosé María Álvarez Cáccamo escribía en 1998 esta “Crónica do espanto” sobre o terror fascista en 1936. O que transcribimos a continuación é só un fragmento, neste caso, sobre os asasinatos no Campo da Rata, na Coruña. CRÓNICA DO ESPANTO (Galiza 1936)   A gadoupa mecánica do monstro diminuto non tremeu nunca no momento de …

Un poema para agosto (IV): Rosalía de Castro

Rosalía de Castro (Santiago de Compostela, 1837 – Padrón, 1885) no poema “!Prá á Habana!”, de Follas novas (1880), describe o doloroso momento da partida para emigración do porto da Coruña, alí onda o “murallón antigo do Parrote”.Rosalía de Castro (Santiago de Compostela, 1837 – Padrón, 1885) no poema “!Prá á Habana!”, de Follas novas …

Un poema para agosto (III): Luísa Villalta

Luísa Villalta Gómez (A Coruña,1957-A Coruña, 2004) ten numerosos poemas dedicados á súa cidade. No libro, En concreto (2004), aparece o titulado “Estación” no que fala da cidade herculina como fin de traxecto. A ESTACIÓN   Onda nós nunca pasan os trens. só chegan ou parten. Por iso tamén somos nós a nosa última estación …

Un poema para agosto (II): Curros Enríquez

Manuel Curros Enríquez (Celanova,1851 – La Habana,1908) recibía unha homenaxe no Teatro Principal da Coruña -hoxe Teatro Rosalía de Castro- o día 21 de outubro de 1904. Alí, na súa coronación, o poeta de Celanova lía o coñecido poema, “Ao pobo cruñes”: AO POBO CRUÑÉS Miñas donas, meus señores, que polos papés chamados (sempre estremosos …

Un poema para agosto (I): Eduardo Pondal

Cando Eduardo Pondal (Ponteceso, 1835 – A Coruña, 1917) escribiu estes versos ben se daba conta que na mocidade está o futuro, neste caso o futuro da lingua galega. Un século despois, os versos do bardo de Ponteceso seguen vixentes. FALADE GALEGO   Miniñas da Cruña, d’ amabre despejo, de falas graciosas e pasos ligeiros, …

O pobo na Alba de Groria

“Esa moitedume de luciñas representa o povo, que nunca nos traicionou, a enerxía coleitiva, que nunca perece, i, en fín, a espranza celta, que nunca se cansa. Esa infinda moitedume de luciñas e vagalumes representa o que nós fomos, o que nós somos e o que nós seremos sempre, sempre, sempre.” 25 de xullo. Día …

Antolín Faraldo, alma da Revolución de 1846

“Galiza, arrastrando até aquí unha existencia oprobiosa, convertida nunha verdadeira colonia da corte, vai levantarse da súa humillación e abatemento” (Antolín Faraldo) O día 15 de abril de 1846 creouse a Xunta Superior Provisional de Goberno de Galiza. Tratábase de levar a cabo mudanzas urxentes para Galiza articulando un goberno propio. O seu presidente foi …

Polo San Xoán

Mes de san Xoán. Noite de san Xoán. Celebramos nestes días un deses momentos do ano nos que a tradición ten un peso moi importante e con ricas e variadas aportacións. Unha delas –a noite de san Xoán– ten lugar na noite do día 23 ao 24 de xuño, coincidindo co solsticio de verán –cando …

Medre a lingua

“Non hai plena consciencia da situación do galego na sociedade de hoxe”. A anterior é unha afirmación do profesor Xosé Ramón Freixeiro Mato. Segundo el, o ano 2009 supuxo unha inflexión na normalización da lingua ao introducírense medidas regresivas contra o noso idioma. Reclama unha nova Lei de Normalización Lingüística que aposte polo galego xa …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies