As chaves do tempo

A agrupación Cultural Alexandre Bóveda e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organizaron entre o 18 e o 27 de novembro de 2017 unha serie de actividades arredor de Luísa Villalta.

Maruxa Mallo á luz da memoria

A asociación, para dar a coñecer a figura da artista galega Maruxa Mallo, a quen se lle dedicou este ano o Día das Artes Galegas, ofreceu unha conferencia a cargo de Carme Vidal, o 19 de abril de 2017.

Presentación do libro “Non des a esquecemento”

O 5 de abril de 2017 a asociación foi o lugar de presentación do libro de Luis Bará, Non des a esquecemento. “Quero falarvos dese pasado que reclama xustiza. Quero contar a dor mais tamén a coraxe e o heroísmo. Quero escribir a historia do terror e tamén a crónica da resistencia e da solidariedade. …

Día das Artes Galegas

Con motivo da celebración do Día das Artes Galegas, dedicado a Maruxa Mallo, a asociación instalou unha mesa no Obelisco, onde se repartiron folletos e material relacionado coa artista. Ao longo do día tamén se contou coa actuación do acordeonista Alberte Núñez e da actriz Isabel Risco.

Celebración do 40 aniversario

O 19 de outubro de 2016, a Agrupación Alexandre Bóveda celebrou o seu corenta aniversario no teatro Rosalía Castro da Coruña. Deixámosvos algunhas das imaxes do acto, tomadas por Manolo Graña.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies