Luís Seoane na Coruña – Paseos en agosto XII

O monumento a Luís Seoane na praza do mesmo nome –no barrio de Monelos– na Coruña honra o escritor, pintor e activista cultural que –fillo de emigrantes– naceu en Bos Aires en 1910. Cando tiña seis anos –en 1916– veu a Galiza, instalándose na Coruña. Xa en Galiza, Seoane participou do ambiente das Irmandades, Nós …

Ánxel Casal e “Nós” na Coruña – Paseos en agosto XI

Nesta casa –número 6 da Rúa Real– da Coruña fundou Ánxel Casal en 1927 a Editorial Nós. Tal como sinala a placa, “publicando nela as obras principais da cultura galega do seu tempo. De aí que Castelao dixese que “Casal fixo máis por Galiza que todos nós”. Neste edificio (en obras, neste agosto da era …

Luísa Villalta na Coruña – Paseos en agosto X

Nesta casa –número 6 da rúa Vila de Laxe, preto da Falperra– da Coruña viviu a escritora Luísa Villalta. A placa da Asociación de Escritores en Lingua Galega na fachada é moi expresiva e apropiada: “Nesta casa viviu e soñou a poeta Luísa Villalta. Aquí as súas mans modelaron a lingua, os sons, o que …

Pucho Boedo na Coruña – Paseos en agosto IX

En 1929 nacía na Silva –A Coruña– un dos artistas máis admirados e coñecidos de toda Galiza: o cantante e compositor Pucho Boedo. A esvelta estatua no barrio do Ventorrillo –no que era tan querido, coma no resto da cidade da Coruña e de Galiza– fai honor á súa elegante e luminosa voz. Pioneiro no …

Monelos, o río escondido – Paseos en agosto VIII

Monelos dá nome a un coñecido barrio da Coruña, pero tamén a un dos mil ríos que seica ten Galiza e que cruza a cidade da Coruña. Iso si, soterrado. En tempo de pandemias onde confinamos as persoas, tamén escondemos e confinamos os ríos. Neste caso, o río Monelos. Non quedan –visibles– moitos testemuños do …

Emilia Pardo Bazán na Coruña – Paseos en agosto VII

Nada en 1851, nesta casa –número 11 da rúa Tabernas– da Coruña viviu a escritora Emilia Pardo Bazán. A mesma Pardo Bazán recoñece este lugar privilexiado da Cidade Vella: “Pero se ve –tan cerca que se me viene encima, que me parece estarla tocando…–, la fachada gótica de la iglesia de Santiago” Así é, desde …

Os nenos da varíola – Paseos en agosto VI

No lugar que hoxe ocupa o IES Ramón Menéndez Pidal da Coruña –no barrio de Zalaeta– estaban o Hospital da Caridade e a Casa de Expósitos da Coruña. Na zona hai hoxe a Rúa Hospital que nos recorda o fundado en 1791 por Teresa Herrera e derrubado na década de 1960. Como dependencia do Hospital, …

Pablo Picasso na Coruña – Paseos en agosto V

Nesta casa –número 14 da rúa Paio Gómez– da Coruña viviu Pablo Ruíz Picasso entre os anos 1891 e 1895. Nado en Málaga en 1881, a etapa coruñesa foi breve pero clave para a súa formación como artista. A familia trasladouse á Coruña porque o pai foi contratado como profesor de arte no que hoxe …

Rosalía de Castro – Paseos en agosto IV

Nesta casa –número 3 da rúa Príncipe da Coruña, na Cidade Vella– viviu Rosalía de Castro coa familia en 1873, como sinala a placa da fachada. Nomeado Murguía director do Arquivo Xeral do Reino, a familia vive na Coruña entre 1871 e 1874. No segundo andar vén ao mundo a quinta filla do matrimonio, Amara, …

Curros Enríquez – Paseos en agosto III

Non é difícil atopar na Coruña o espectacular –como a fama do homenaxeado– conxunto escultórico da foto. Obra do escultor Francisco Asorey, é o monumento a Curros Enríquez, situado nos Xardíns de Méndez Núñez. Na inauguración –11 de agosto de 1934– estaban o presidente da II República Niceto Alcalá Zamora, o alcalde da Coruña Suárez …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies