PRAZAS ESGOTADAS!

No mes de outubro comezamos o clube de leitura sobre LITERATURA UNIVERSAL COORDINADO POR XOÁN COSTA. Será quincenal, en horario de 18 a 19:30, e comeza o mércores 2 de outubro. Estas son algunhas das obras que leremos, percorrendo un pouco todos os continentes.

México: Elena Poniatowska: Benquerido Diego, abrázate quiela

Elena Poniatowska

Angelina Beloff, exiliada rusa, pintora incipiente, escribe desde o gris, o frío e a pobreza do París de posguerra, a Diego Rivera, a súa parella durante dez anos, a quen non puido seguir no seu regreso a México. Escribe cartas amargas que o pintor non responde. Unha muller fina e suave é atraída cara a unha experiencia de liberdade, soedade e creación na que as forzas faltan e hai que inventalo todo. É a posguerra, a emancipación das mulleres, as formas rotas: non hai modelos. Elena Poniatowska recrea, nestas cartas imaxinarias, o testemuño entrañable dunha artista e amante na encrucillada do tempo novo. O ton suave recorta e sustenta aquí a paixón amorosa e a paixón creadora, cun acento novo na xornalista e novelista que coñecíamos: a precisión e a finura convocan neste libro a forza concentrada da pintura de caballete.

Franza: Marguerite Duras, O xardín
O Xardín é un diálogo, na placidez dun square parisiense, entre una criadiña de servir que coida dun neno pequeno e unha sorte de quincalleiro que percorre vilas e mais vilas a vende-las chioladas que transporta na súa maleta.

Moçambique Paulina Chiziane: Niketche: Uma História de Poligamia.

Paulina Chiziane

Paulina Chiziane

Niketche: Uma História de Poligamia, não é somente sobre poligamia, é sobre a força de um grupo de mulheres unidas; sobre a necessidade de auto-aceitação e perdão; sobre o rompimento e a reinvenção de tradições; sobre o diálogo intercultural… e sobretudo sobre amor.
Contado na primeira pessoa, este romance traz-nos a voz de Rami, uma mulher de meia-idade que se vê infeliz no seu casamento com o ausente Tony, um homem dos altos quadros da polícia, que passa mais tempo fora de casa com outras mulheres. Rami é uma mulher do Sul de Moçambique, criada com os valores cristãos coloniais, que no momento de crise conjugal, procura entender melhor a cultura tradicional que desconhece.

Turquía: Orhan Pamuk: Istambul: as lembranzas e a cidade

Orhan Pamuk

Orhan Pamuk

Premio Nobel de Literatura 2006. As lembranzas, ás veces, son coma as fotos da memoria. Para Orhan Pamuk a memoria está indisolublemente unida á cidade de nacencia. Neste libro, abre perante os lectores o seu álbum familiar, o da súa infancia e dos anos de aprendizaxe. Del xorde unha Istambul distinta, íntima mais tamén exótica: a das mansións en ruínas dos paxás e os vellos transbordadores do Bósforo, a das ruelas e os barrios da periferia, a da melancolía. Unha alquimia entre memoria e literatura que desvela pouco a pouco a auténtica patria do escritor.

Alemaña: Ilse Losada
Autora alemá, refuxiada en Portugal a partir de 1934 por a perseguir a Gestapo.

Portugal: Hélia Correia
Autora portuguesa declarada pola AELG escritora galega universal.

Galiza: Carvalho Calero: Scórpio.
Unha novela fundamental do século XX galego.

PRAZAS ESGOTADAS!