CHIMAMANDA NGOZIE ADICHIE

Chimamanda Ngozie Adichie

Neste curso que acaba a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda organizou un clube de leitura centrado na leitura de obras de autores e autores de orixe africana. Para o próximo, que comezará no mes de setembro, centrarémonos en obras do século XX de moi variada temática e de diferentes latitudes planetarias. Galiza, Portugal, México, Mozambique, Turquía, Franza e Alemaña.

Carvalho Calero, Elena Poniatowska, Marguerite Duras, Paulina Chiziane, Orhan Pamuk, Ilse Losa ou Hélia Correia. Galegos de nacemento e galegas universais. E como pano de fondo poetas africanas.

O número de prazas é de 15.

Se estás interesad@ en participar, envianos os teus datos a través deste formulario, para poder informarte de todos os detalles de participación e da data exacta de inicio.