A partir do mes de outubro teremos dous clubes de lectura:
Literatura africana
Unha viaxe pola literatura africana dos últimos anos guiada por Xoán Costa. Encontros quincenais os martes ás 18.30 h. Comeza o 9 de outubro.
Lecturas feministas
Desde novela a ensaio, que libros non deberías deixar de ler. Guiadas por Cristina Bajo e en colaboración coa Marcha Mundial das Mulleres. Encontros quincenais os mércores ás 18 h. Comeza o 3 de outubro.
Prazas dispoñibles: 15 en cada clube.