Co corazón ateigado

“…co corazón ateigado de espranza e os ollos postos no porvir da nai Terra”.

Participantes na I Asemblea Nazonalista de LugoOs días 17 e 18 de novembro de 1918 as Irmandades da Fala celebran na cidade de Lugo a súa I Asemblea Nacionalista. Nesta xuntanza fixaríase o ideario das Irmandades, en consecuencia do galeguismo político da época, coa aprobación do Manifesto Nazonalista, manifesto que contén no seu inicio unha declaración de principios na que se afirma que as posicións ´”rexionalistas´” ficaban a un lado, dando paso explícito ao ”nacionalismo”, afirmando: Nós nomeámonos de oxe pra sempre nazonalistas galegos, xa que a verba rexionalismo non recolle todal-as aspiraciós nin encerra toda a intensidade dos nosos problemas.

Definindo a Galiza como “nazonalidade”, o devandito Manifesto recolle a necesidade de procurar para Galiza a soberanía plena; reivindican a máis ampla autonomía posíbel, definida a partir de múltiples competencias e organismos (incluída un Parlamento e Banca Nacional), realizando unha proposta federal, favorábel á unha solución confederal, para a organización e definición política da Península Ibérica. Ao que sumar a defensa da cooficialidade do idioma galego e castelán, propugnando unha regaleguización idiomática, cultural e xurídica do país (fronte ao proceso de españolización sufrido polo noso país). O Manifesto Nazonalista é tamén unha aposta por unha democracia real, que abranguía o dereito ao voto das mulleres, reclamación avanzada e novidosa para a época, dado que non existía en ningún país da contorna, apostando pola representación proporcional, a limpeza no sufraxio ou a erradicación do clientelismo mediante a eliminación das Deputacións provinciais.

Son chegados os tempos de erguere a alma e o pensamento de Galicia, e sobor todo a súa soberanía, completa e sen cativeces. Nisto non caben discusións: Galicia ten direito, un direito fundamental, a ser dona absoluta de si mesma.

MANIFESTO DA ASAMBLEIA NAZONALISTA DE LUGO
A ASEMBLEA NACIONALISTA DE LUGO RECOLLIDA NA PRENSA GALEGA

Dossier onde se recollen as crónicas e noticias relacionadas coa asemblea nacionalista publicadas na prensa galega.

Fullscreen Mode

A ASEMBLEA NACIONALISTA DE LUGO RECOLLIDA NA PRENSA DO ESTADO

Dossier onde se recollen as crónicas e noticias relacionadas coa asemblea nacionalista publicadas na prensa do Estado.

Fullscreen Mode

FOLLETO DA AC ALEXANDRE BÓVEDA SOBRE A I ASEMBLEA NACIONALISTA DE LUGO

Dossier onde se recollen as crónicas e noticias relacionadas coa asemblea nacionalista publicadas na prensa do Estado.

Fullscreen Mode

Deixa un comentario

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies