Comeza o ano de Luísa Villalta

“ESA son eu

rubindo unha e outra vez as escadas

dun mundo posíbel”

Luísa Villalta

O Día das Letras Galegas de 2024 estará dedicado a Luísa Villalta. Comeza, pois, un ano no que teremos a oportunidade de profundar na vida e na obra dunha autora comprometida coa súa cidade e a súa terra. Socia de honra da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, a nosa asociación dirixírase á Real Academia Galega para solicitar a merecida homenaxe que vai ter lugar este 2024.

Luísa Villalta, socia de honra de ACAB

Luísa cultivou –con talento– poesía, música, teatro, narrativa, ensaio, articulismo e tradución. A crítica fala –en referencia á súa obra– de pensamento apaixonado, busca de rigor e exploración estilística.

Neste ano que comeza, facemos un chamamento para que a vida e obra de Luísa Villalta sexan as protagonistas e así a nosa autora teña a homenaxe merecida.

A continuación, e para SABER MÁIS de Luísa Villalta, poñemos unha serie de enlaces a artigos da nosa web, roteiros, antoloxías de textos, e outras páxinas nosas relacionadas coa autora:

Para saber máis:

Deixa un comentario

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies