Día da Patria

A II Asemblea Nacionalista celebrouse en Santiago de Compostela os días 7, 8 e 9 de novembro de 1919 para debater a posición do movemento Irmandiño diante da convocatoria de eleccións municipais para xaneiro de 1920, pois a Irmandade coruñesa era partidaria de concorrer a estas eleccións, e para coordinar o traballo xeral das Irmandades.
Nesta Asemblea aprobáronse un total de 38 conclusións, e na conclusión 26ª falábase de celebrar a festa do emigrante o día do Apóstolo. Este será o xerme para que desde 1920 as Irmandades da Fala decidan celebrar o Día de Galiza o 25 de xullo.

Así o recolle A Nosa Terra (25/7/1920), o órgano oficial das Irmandades:

O NOSO DÍA

Pola derradeira asemblea que en Compostela xuntou ós nacionalistas foi acordado facer “Día da Patria” o 25 do mes de Santiago.

Pra cantos sinten e teñen idea da “propia estimación”, pra quen o amor de nai e a realidade máis viva e máis sacra ese santo día representará o principio do fin tanto tempo desexado polos verdadeiros galegos. Nel comezará unha nova vida na que a cruzada dos povos traballadores pra conquerir a liberdade de traballar e a soberanía nacional non sexan xa impedidas polas vampiresas oligarquías centralistas…”

E así desde 1920 e até o golpe de estado de 1936 as Irmandades da Fala primeiro e o Partido Galeguista despois celebraron o 25 de xullo o Día de Galiza ou o Día da Patria. E A Nosa Terra todos os anos (agás 1921 que quedou relegada a páxina 3) saía nesa data coa portada dedicada á festa maior de todos os galegos.

Podes descargar desde aquí as portadas de A Nosa Terra do 25 de xullo:

1920     1921     1922     1923     1924     1925     1926     1927     1928     1929     1930     1931     1932     1933     1934     1935

E así era como se describía a cobertura que a prensa galega daba á celebración do Día de Galiza. Os xornais da Cruña, como de cote, sempre na “horta”.

O Día de Galiza na prensa

Leave a Reply

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies