Emilia Pardo Bazán na Coruña – Paseos en agosto VII

Casa de Pardo Bazán

Nada en 1851, nesta casa –número 11 da rúa Tabernas– da Coruña viviu a escritora Emilia Pardo Bazán.

Casa de Pardo Bazán

A mesma Pardo Bazán recoñece este lugar privilexiado da Cidade Vella:

“Pero se ve –tan cerca que se me viene encima, que me parece estarla tocando…–, la fachada gótica de la iglesia de Santiago”

Rúa Tabernas 2

Así é, desde as ventás da súa casa, Emilia vía –porque a tiña ao lado– a fachada románica da igrexa de Santiago.

Igrexa de Santiago

Na actualidade, a casa –un pazo urbano do século XIX– está convertida en museo: Casa Museo Emilia Pardo Bazán. Un completo museo que proporciona abundante información sobre a vida e a obra da escritora.

Entrada á RAG

Pero, o número 11 da rúa Tabernas da Coruña é tamén un lugar importante e simbólico para a cultura galega: alí está a sede da Real Academia Galega. Tras pasar por outras localizacións –a última, desde 1920, no edificio do Concello da Coruña, en María Pita–, a Real Academia Galega trasladouse en 1978 ata o número 11 da Rúa Tabernas, onde se encontraba a antiga casa de Emilia Pardo Bazán.

Fundada en 1906, o seu precedente foi a Comisión Xestora para a creación da Academia Galega, promovida por Pardo Bazán e Ramón Pérez Costales e que se montou sobre a base da sociedade El Folk–Lore Gallego que presidía a escritora.

Emilia Pardo Bazán é Presidenta Honoraria da Rea Academia Galega desde a súa creación.

Fábrica de Tabacos

A súa novela La Tribuna (1882) describe a dura vida proletaria na Fábrica de Tabacos, quizais a primeira novela de protagonismo e problemática obreira da literatura española. É a historia dunha relación socialmente imposible entre unha proletaria, a cigarreira Amparo, e o mozo tenente Baltasar.

Entrada á Fábrica de Tabacos

Así describe –en La Tribuna– o Entroido das cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña:

“Unos días antes de carnavales se anuncia en la fábrica la llegada del tiempo loco por bromas de buen género que se dan entre sí las operarias (…) pero el jueves de comadres es el día señalado para divertirse y echar abajo los talleres. Desde por la mañana llegan las cestas con los disfraces y obtenido el permiso para bailar y formar comparsas, las oscuras y tristes salas se transforman (…) la comparsa recorrió los talleres bailando y cantando, recibiendo bromas de las señoras, y alas señoras, y alegrando la oscuridad de las salas con la nota blanca y azul de sus trajes”

Praza da Palloza

Emilia Pardo Bazán finou en Madrid en 1921, pero a súa pegada na cidade da Coruña –Marineda nas súas novelas– é patente.

Estatua de Emilia Pardo Bazán

Nos Xardíns de Méndez Núñez está a estatua obra do artista Lorenzo Coullaut Valera e que foi inaugurada en 1916 con grandes celebracións populares.

Placa da estatua de Pardo Bazán

Detalle da estatua de Pardo Bazán

Deixa un comentario

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies