Equiparar vítimas e verdugos

A derradeira lección do mestreSeñor presidente do Parlamento de Galiza.

Señoras e señores portavoces dos grupos parlamentarios.

O pasado día 7 de xuño, as asociacións memorialistas galegas asinantes deste escrito, asistimos convidadas a un acto no Parlamento de Galiza de homenaxe a Alexandre Bóveda e ás vítimas galegas do franquismo, baixo o título “Concordia, paz, liberdade”.

Alén que as entidades de memoria histórica que representamos non poden sentirse aludidas no título escollido para este acto, e máis alá dalgunhas outras expresións realizadas durante o discurso do Sr. Santalices como presidente do Parlamento de Galiza, parécenos intolerábel a referencia onde se equipara a vítimas e verdugos e que puidemos escoitar durante a citada intervención, recollida posteriormente na web desta institución

É moito máis grave incluso, cando esa equiparación se enmarca nun relato histórico falso e en nome da democracia e os dereitos humanos. Afondar na idea de que en Galiza houbo unha guerra civil con vítimas en dous bandos diferenciados, é simplemente faltar á verdade e só consegue verter sobre ás vítimas do franquismo máis impunidade.

Pretender normalizar este tipo de relatos é para as entidades que representamos algo inaceptábel. Moito máis cando estas se fan nun acto que supostamente pretendía render homenaxe ás vítimas galegas da barbarie franquista.

É por iso que as entidades asinantes solicitamos a retirada das expresións e alusións antes referidas da páxina web e dos medios escritos.

Galiza, a 1 de xullo de 2023


Asinan este escrito as seguintes entidades, todas elas integrantes da Iniciativa Galega pola Memoria (IGM):

  • Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH)
  • Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
  • Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo
  • Asemblea Republicana de Vigo
  • Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36
  • Asociación Cultural “Vagalumes” de Tabeirós-Terra de Montes
  • Asociación Cultural Irmandade do Dolmen
  • Comisión pola Memoria Sinhor Afranio – Silleda
  • Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín
  • Fundación Luis Tilve
  • Fundación Alexandre Bóveda
  • Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza

4 Comments

  1. Serafín Souto Velo 7 Xullo, 2023 Responder
  2. Xosè Marìa Pin Millares 4 Xullo, 2023 Responder
  3. Carlos González Mazaira 4 Xullo, 2023 Responder
    • alexandre 4 Xullo, 2023 Responder

Deixa un comentario

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies