O xoves 9 de xuño, ás 19.30 h, coñeceremos o proxecto LarLilás, un proxecto de cohousing senior participativo para outra vellez, presentado por Nieves Rodríguez Brisaboa. LarLilás é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo obxectivo é desenvolver un proxecto de creación dunha comunidade cun modelo de atención integral e coidados centrado nas persoas, que …
O venres 10 de xuño, ás 19 horas, Nuria Richer, coordinadora do grupo Muller e Astronomía da Agrupación Astronómica Coruñesa Io, falaranos do proxecto que están a levar a cabo co fin de incluír no rueiro municipal da Coruña unha rúa co nome da astrónoma galega Antonia Ferrín Moreiras, a primeira muller que realizou unha …
O luns 13 de xuño, ás 19.30 horas, e pechando o ciclo Pensando o futuro, Manuel Rivas ofreceranos unha palestra baixo o título Saudade do porvir. En tempos de emerxencia, unha excitación creativa fronte a excitación destrutiva do hipercapitalismo e o pensamento bruto. Unha sociedade ecolóxica, que fronte ao desbalde e extinción desenvolva unha nova abundancia …
O mércores, 22 de xuño, ás 19.30 horas, dentro das palestras que organizamos no centenario de María Casares, José Manuel Sande falaranos da sutileza nos fragmentos: o cine de María Casares. Neste itinerario pola relación da actriz María Casares co cine auscultamos uns inicios ilusionantes, nos que o seu talento fai tremer títulos coma Os …
O mércores 25 de maio, ás 19.30 horas, presentamos no noso local o documental María Miramontes, tecedora dun país, con guión é de Ana Viqueira, Iago Prada e Diego Frey. A vida de María Miramontes estivo próxima a ficar no esquecimento. A súa invisibilización ten dous motivos: ser muller e vítima da represión franquista. Filla de …
O venres 3 xuño, ás 19 horas, dentro das palestras que organizamos no centenario de María Casares, Arancha Estevez falaranos do mar da Coruña na biblioteca da exiliada. Actriz venerada. Gran tráxica. Amante do risco. Ousada. Sempre a contracorrente. María Casares, filla do último xefe de goberno da II República, Santiago Casares Quiroga, ten que …