Vía Galega, a plataforma social en defensa dos dereitos nacionais de Galiza da que ACAB fai parte, impulsa actos por toda Galiza de izado da bandeira galega en conmemoración do 105 aniversario da I Asemblea Nacionalista
VÍA GALEGA vén promovendo diferentes campañas e iniciativas para propagar e popularizar os nosos símbolos nacionais, nomeadamente o himno e a bandeira. O ano pasado, inauguramos como semana de exaltación e exhibición da bandeira galega a semana coincidente co aniversario do desenvolvemento, durante o 17 e 18 de novembro de 1918, da I Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala. Pois ben, este ano, que se cumpren 105 anos da efeméride, retomamos a campañas dándolle continuidade ao traballo iniciado o ano pasado e, así, durante a semana do 13 ao 18 de novembro cubrir toda a xeografía galega de bandeiras Galegas, engalanando fiestras e varandas.
Remataremos a campaña o día 18 de novembro cun acto expansivo en diferentes localidades de toda Galiza, que consistiría en colocar bandeiras galegas en lugares vistosos para que perduren no tempo, a única bandeira que nos representa e nos identifica como galegas e galegos.
Na Coruña o izado será na parte de abaixo do Parque de Oza (Roda de Outeiro) o sábado, día 18 ás 12.00 h.
Convidámosvos a asistir.