O luns 22 de marzo, ás 19.30 h, presentamos no noso local 15 biografías secuestradas, de Manuel Monge.
O autor destas 15 biografías secuestradas cataloga no seu libro Os restos do franquismo en Galiza (Edicións Laiovento) más de 600 símbolos franquistas en 90 concellos galegos.
Neste traballo para a AC Alexandre Bóveda Manuel Monge fixo unha selección dos 105 símbolos franquistas que aínda quedan na Coruña, que encabezan Manuel Fraga, Juan Carlos de Borbón e tres significados franquistas –Pedro Barrié de la Maza, Sergio Peñamaría de Llano e Alfonso Molina Brandao– que no relato oficial son presentados como “coruñeses exemplares”.
Estas 15 biografías van acompañadas dunha xustificación para acabar con estes restos do franquismo, como xa se está a facer en moitos concellos e institucións. Como sinala o autor, o primeiro paso é a información, despois concienciación, organización e a mobilización necesaria para acabar con esta vergoñenta situación.
Aquelas persoas que nos acompañedes nesta presentación recibiredes de agasallo esta publicación.