23

Xan

150 anos da publicación de “O Capital”

19:30 h

150 anos da publicación do capitalHai 150 anos que saía do prelo a primeira edición do Libro I de O capital. Crítica da economía política de Carlos Marx, unha obra que é unha análese crítica do capitalismo, mais tamén un tratado político sobre as relacións de dominación entre as clases.

Para lembrar a efeméride, mais tamén para reflexionar sobre a incidencia no seu momento e na actualidade deste texto quixemos xa no inicio deste 2018, ano que que festexaremos o centenario da I ASEMBLEA NACIONALISTA de Lugo, propoñervos unha mesa redonda de debate coa participación de Uxío Breogán Diéguez (historiador), Manuel Regueira (crítico literario), e Manuel Roca (economista).

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies