A Asociación Cultural Alexandre Bóveda celebra a Gala do 26 Memorial Ibán Toxeiro, a nosa festa anual das artes escénicas galegas afeccionadas e profesionais. E queremos convidarvos a celebralo con nos!
Este ano leva por título “Quéroche un conto” xa que lla queremos dedicar á narración oral, tan fundamental na nosa cultura.
A Gala, que dirixe Manuela Varela, será o mércores 29 de novembro, ás 20.30 h no Teatro Rosalía Castro da Coruña.
A Gala conta coa participación do narrador Quico Cadaval e a narradora Carmen Conde, escoitaremos contos novos e vellos da man de ACAB Teatro e será presentada por Sabela Hermida.
As persoas que integramos ACAB Teatro somos sabedoras da importancia da narración oral na cultura galega. Crecimos ao abeiro de quenes nos proporcionaban coñecemento, sensacións e entretemento baixo as historias que nos contaban.
Grandes autoras e autores de Galicia incluiron os contos dentro da sua creación literaria e tamén contamos con grades narradoras e narradores que contan con esa capacidade extraordinaria de captar toda a nosa atención cando nos falan.
En ACAB Teatro sentimos admiración por todas estas persona e quixemos facerlles a nosa particular homenaxe, asumindo a responsabilidade de contar uns contos sempre desde o respecto. E un traballo que nos levou meses e comezou pola escolla dos contos, a premisa era que quero contar? e que conto lin que me emocionou? así foi como os textos escollidos son de Lino Braxe, Cunqueiro, Ramón de Valenzuela, Mercedes Leobalde, José Rodríguez Vicente e outros de creación propia como o titulado O Lobo de Pepe Rodríguez ou A María de Mary Otero.
O resultado é a narración de 10 contos moi diferentes entre eles, algúns arraigados á tradición galega e outros cunha fonda crítica social, emotivos ou divertidos, e todos eles serán contados por ACAB Teatro no 26 Memorial Iban Toxeiro.
A entrada será libre ata completar a capacidade do teatro, pero pregamos cheguedes con antelación pois os espazos serán ocupados por orde de chegada.
Haberá Photocoll para que fagades unha foto como recordó deste día. Non sexades tímidas e tímidos e posade con nos!
Vémonos o día 29 de novembro!!