16

Xuñ

40 anos da Lei de Normalización Lingüística

19.30 h

40 anos da lei de normalización lingüísticaO 15 de xuño cúmprense 40 anos da aprobación por unanimidade da Lei de Normalización Lingüística de Galiza, unha lei destruída polo Tribunal Constitucional e aplicada de forma moi deficiente pola maioría dos gobernos da Xunta.

O venres 16 de xuño a Fundación Galiza Sempre en colaboración coa Mesa pola Normalización Lingüística organiza un acto para conmemorar a efeméride na A.C Alexandre Bóveda da Coruña ás 19:30 horas baixo o título 40 anos da lei de normalización lingüística. Unha ollada retrospectiva e outra de futuro.

Contaremos coas intervencións de Pilar García Negro, relatora do Plan Xeral de Normalización Lingüística en 2004 e ex deputada do BNG e Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística. Presenta e modera o acto Mercedes Queixas, deputada do BNG.

Se queres asistir, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Erro: Formulario de contacto non atopado.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies