O venres 10 de febreiro ás 19.30 h, a Fundación Galiza Sempre presentará un novo exemplar da colección de cadernos Grandes Efemérides de Galiza que vén de publicarse aproveitando o 50 aniversario do nacemento de Estudantes Revolucionarios Galegos.
Con este novo exemplar pretenden lembrar e pór en valor a importancia que ERGA tivo na construción da arquitectura de autoorganización do pobo galego, así como o seu papel como organización de masas no ámbito estudantil e escola de cadros para o conxunto do movemento nacionalista na Galiza.
Duarte Correa, membro da dirección de ERGA nos seus últimos anos de existencia e un dos fundadores do movemento xuvenil creado posteriormente, é o encargado de realizar un detallado repaso ás diferentes etapas que atravesou a organización ao longo dos seus case dezaseis anos de actividade.
No acto intervirá Duarte Correa, autor do caderno, que estará acompañado da secretaria xeral de Galiza Nova, Marta Gómez e Artai Gavilanes, responsábel de organización de Erguer.
As persoas asiastentes levarán de agasallo o caderno 50 aniversario de Erga.
Se queres asistir, envíanos os teus datos a través deste formulario: