19

Xan

Presentación de “50 anos de Resistência Cultural. 1973-2023”

19.00 h

50 anos de resistenciaO venres 19 de xaneiro, ás 19 h, preséntase no noso local a obra colectiva 50 anos de Resistência Cultural. 1973-2023, da Sociedade Cultural e Deportiva do Condado.

O recén rematado 2023 foi o ano do 50° aniversario da SCD do Condado. Unha entidade nacida no sur do país unida polo activismo popular, cultural e organizadora dun dos máis salientados festivais poéticos e musicais do país que leva cinco décadas de traballo que quedan plasmadas no libro 1973-2023. 50 anos de Resistência Cultural.

Será presentada por Xosé Gonzálvez, co-fundador da SCD, a poeta Ánxeles Penas (que recitou no primeiro festival da poesía, no 81), os músicos Xico de Cariño e Xurxo Souto e o xornalista Carlos Barros, un dos autores da obra recopilatoria da historia da SCD do Condado.

Se queres asistir a esta presentación envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies