O xoves 9 de novembro, ás 19.30 h, Martín Pawley ofrece no noso local a palestra A Coruña e o cinema, 3. Tempos difíciles.
Na longa noite de pedra da ditadura o cinema foi un refuxio onde experimentar ilusións e emocións. Dende finais dos 40 e durante máis de vinte anos na Coruña conviven non menos de 15 salas diferentes, até que ao longo dos 70 comeza a caída da exhibición cinematográfica e o progresivo peche dos espazos que marcaron a vida de varias xeracións. Mais é o tempo, tamén, dos cineclubs e das primeiras iniciativas en favor dun cinema de noso. Nesta sesión repasaremos o esplendor e a decadencia das salas da Coruña, as mudanzas do cinema nesas décadas e algúns nomes fundamentais relacionados coa cidade.
Martin Pawley é crítico de cinema, programador e produtor.
Se desexas asistir a esta palestra, envianos os teus datos a través deste formulario: