14

Dec

A Coruña e o cinema 4. Sinais de serenidade

19.30 h

A Coruña e o cinema. Sinais de serenidadeO xoves 14 de decembro ás 19.30h, Martin Pawley falaranos da Coruña e o cinema 4. Sinais de serenidade.

No tránsito do século XX ao XXI cambiou por completo a exhibición cinematográfica: dixemos adeus ás salas tradicionais en favor dos multicines asociados a centros comerciais, mais o incremento do número de pantallas non favoreceu unha maior diversidade de contidos. Na Coruña vimos nacer o CGAI, hoxe Filmoteca de Galicia, así como as salas do Fórum Metropolitano, que serviron de oasis para unha cinefilia que encontrou tamén nos festivais espazos de refuxio. O soño dun cinema de autor propio que iniciaron diversos creadores nos 70 viuse confirmado a partir de 2010 co éxito internacional do chamado “Novo Cinema Galego”, que tivo na cidade un foco decisivo. Na última sesión do ciclo “A Coruña e o cinema” repasaremos unhas décadas de mutación con sinais de inquietude mais tamén de esperanza.

Martin Pawley é crítico de cinema, programador e produtor.

Se queres asistir a esta palestra, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies