O xoves 7 de setembro, as 19.30 horas, e dentro do ciclo Outras historias de Cinema, teremos connosco a Martin Pawley que nos falará da Coruña e o cinema.
Non é unha historia do cinema na Coruña, nin unha historia da Coruña no cinema; o que imos contar son (algunhas) historias da Coruña e o cinema. Historias dunha ligazón que vén de vello: foi aquí onde se celebrou a primeira proxección de cinema de Galiza e foi tamén un veciño da cidade, o fotógrafo José Sellier, o primeiro creador de imaxes cinematográficas do país. De aquí a final de ano imos explorar o cinema a través da súa pegada na Coruña: os inicios da arte, o seu desenvolvemento industrial, as mudanzas tecnolóxicas que transformaron radicalmente as regras do xogo, as épocas de maior esplendor mais tamén os momentos de decadencia e os cambios de modelo comercial. Tamén as salas que foron nacendo e pechando nos diferentes barrios, as figuras máis importantes directamente relacionadas coa Coruña, algunhas visitas ilustres que recibimos ou o peso que a Cidade Alta tivo e ten na mellor produción de noso.
Martin Pawley é crítico de cinema, programador e produtor.
Se desexas asistir, envianos os teus datos a través deste formulario: