O Foro Cívico da Coruña, grupo de opinión e organización de debates fundado en 1992, vén de integrarse na AC Alexandre Bóveda.
Entre as súas actividades máis coñecidas está a organización de debates políticos. Ante a proximidade das eleccións municipais, programa para este mes de maio unha serie de encontros, seguidos dun coloquio, con representantes dalgunhas das formacións políticas que se presentan. Este é o calendario:
Xoves, 4 de maio: Xosé Manuel Sande, de Por Coruña.
Venres, 5 de maio: Xan Xove, de Marea Atlántica.
Martes, 9 de maio: Francisco Jorquera, do BNG.
Todos os encontros realízanse no Auditorio da ONCE, no Cantón Grande, número 3, e comezan ás 19.30 horas.
A entrada é libre.