09

Mai

A dignificación dun oficio

19.30 h

A dignificación dun oficioO luns 9 de maio, ás 19.30 h, teremos a primeira das palestras do ciclo Pensando o Futuro. Elena Ferro falaranos da dignificación dun oficio. Ela pertence á terceira xeración dunha familia especializada na elaboración de zocos de madeira que data do ano 1915. Elena coa súa marca Eferro logrou transformar a mentalidade respecto a un produto asociado ó rural e ó traballo do campo, os zocos eran un calzado moi deostado e a súa intención foi dignificalo até lograr que agora sexan empregados como complemento de moda con deseños e cores arriscadas, engadindo un elevado grao de innovación a un produto tradicional.

Elena gañou diversos premios e recoñecementos, o Premio de Artesanía Antonio Fraguas, o Premio Nacional de Artesanía 2019.

Este ciclo seguirá durante seis luns de maio a xuño, sempre ás 19.30 h. Dialogaremos, ademais de con Elena Ferro, con Teresa Moure, Juan Alberto Turnes, Manuel Gago, Manuel Rivas e Mario Pansera.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies