Diante do roubo que se está a producir no prezo da enerxía que consumimos, imos organizar umha palestra para falar da situación actual e das propostas para un modelo enerxético xusto e sostible.
Será o luns, día 19 de xullo ás 19.30 h, con Xosé Manuel Golpe Acuña, técnico especialista en renovables e mercado eléctrico. Desenvolve a súa faceta laboral como consultor enerxetico en FAEPAC (Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña) tutelada pola Deputación Provincial. Tamén colabora con traballo voluntario como membro do consello reitor de Nosa Enerxía, sociedade cooperativa galega, cooperativa que comercializa enerxía eléctrica de orixe renovable.
Nesta palestra Xosé Manuel Golpe falaranos das tarifas eléctricas. Analizarase a orixe das tarifas eléctricas actuais. que se paga e por que se paga? Darase resposta á orixe do prezo da electricidade, a formación de prezos e como repercute no recibo eléctrico doméstico.